AD

Actualidad

«Na Semana Santa non existe un medidor de fe, trátase de emocións»

today4 marzo, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Este luns, en Radio Líder Santiago, tivemos a oportunidade de falar sobre a Semana Santa en Compostela, unha festividade que une devoción relixiosa e rica cultura. Isabel Gómez Cambón, presidenta da Cofradía de Los Dolores, foi a invitada especial de Álvaro Veiga no programa Vive Santiago. Esta confraría é a encargada de pregoar a Semana Santa na capital galega o sábado 9 de marzo ás 19.00 h no emblemático lugar de Bonaval. O encargado de facer os honores será o profesor Miguel Sánchez del Río.

Isabel Gómez Cambón, presidenta da Cofradía de Los Dolores, en Radio Líder Santiago

A orixe desta confraría remóntase ao ano de 1730, cando naceu como un grupo de acompañamento para os reos da época. Hoxe en día, a Cofradía de Los Dolores é un símbolo da devoción e tradición compostelá na Semana Santa participando activamente nesta celebración con dúas saídas durante os días santos.

A programación desta festividade en Compostela é ampla e variada, ofrecendo actividades para todos os públicos. Desde as tradicionais misas e procesións ata eventos culturais diversificados, hai algo para cada persoa que desexe vivir esta festa de forma intensa e significativa.

A Semana Santa na cidade é máis que unha celebración relixiosa; é unha manifestación da identidade e riqueza cultural da capital galega. Con actividades que enriquecen o espírito e alimentan a alma. «Na Semana Santa non existe un medidor de fe, trátase de emocións», asegura Isabel, a primeira muller que logrou acadar a presidencia da Cofradía de Los Dolores.

Sen dúbida, a Semana Santa de Santiago é un evento agardado con entusiasmo por locais e visitantes por igual.

A entrevista completa no seguinte enlace:

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%