AD

Actualidad

Novas charlas sobre violencias sexuais e LGBTfóbicas no lecer nocturno de Compostela

today4 abril, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

04/04/2024 As novas actividades de formación presencial con persoal da hostalaría do protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGTBIfóbicas nos espazos de ocio nocturno serán o 16 de abril na Casa de Asociacións de Benestar Social, situada en Salgueiriños, e na modalidade en liña desenvolveranse ata o 21 de abril.

Este protocolo, impulsado a través do Centro de Información ás Mulleres de Santiago de Compostela (CIM), vai inserido na campaña Troula Segura e xorde como resposta á demanda das asociacións profesionais de hostalaría da cidade, conscientes da importancia de dotar o persoal traballador nestes espazos de ocio nocturno dunha ferramenta de apoio contra as violencias sexuais e LGBTfóbicas.

Trátase de que os espazos de ocio nocturno sexan axentes activos e comprometidos, con capacidade para actuar e xerar cambios a prol da erradicación destas formas de violencias machistas. Así mesmo, tamén se procura o fomento dunha cultura de tolerancia cero desas condutas para garantir o desfrute de todas as persoas desde a liberdade, a igualdade e a seguridade, baixo o prisma dunha perspectiva integradora e de respecto dos dereitos de todas as persoas.

Esta campaña de Troula Segura conta cun protocolo, cunha guía operativa e con folletos de divulgación que se poden descargar na web cimcompostela.gal/troula-segura.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%