Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today16 diciembre, 2023
O Pino. 16-12-2023.- Despois de acender as luces a semana pasada, O Pino deulle a benvida ao Nadal este sábado 16 cunha gran festa familiar na que houbo obradoiros, xogos, espectáculos ou chocolatada, e que contou co ir e vir de numeroso público.
Unha carpa instalada na praza do Concello foi o escenario da celebración da quinta edición da Festa do Nadal, onde pequenos e maiores se sorprenderon co disparador de confeti e tiveron a oportunidade de elaborar os seus propios adornos de Nadal participando en distintos obradoiros con temática vencelladas a estas festas.
A diversión puxérona a música e os xogos en familia. Ademais, e como peche dunha entretida tarde, as persoas asistentes puideron desfrutar do espectáculo ‘O Apalpador conta con vós’, unha peza de narración oral a cargo de Caxoto Contacontos que espertou o interese da cativada ao desvelar cal é a ocupación desta personaxe mítica da tradición galega e, sobre todo, descubrir os consellos que hai que seguir para que neste Nadal nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe.
Tamén tivo moito éxito o posto de lambetadas, doces e chocolate instalado polo alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago coa fin de recadar fondos para a excursión de fin de curso.
Espectáculo de pombas de xabón
A programación de Nadal no Pino continuará mañá, domingo 17 de decembro, na Casa de Cultura. Alí, e e partir das 18.00 horas, Malasombra Producións representará ‘Os fabulosos cleaners’, un espectáculo moi visual con pompas de xabón no que poderá participar toda a familia.
O público gozará, sen dúbida, con estas máxicas pompas transparentes con fume, con vapor, de todos os tamaños e estáticas ou voando polo escenario, que o transportará por un mundo máxico, cheo de cor e de moito humor.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)