AD

Actualidad

O acendido das luces de Nadal congrega a centos de persoas en Brión

today16 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD

16 de decembro de 2023.- O Concello de Brión celebrou na tarde/noite de onte venres o xa tradicional acto de acendido das luces do Nadal. Unha iniciativa que incluíu tamén dous concertos de Uxía Lambona e a Banda Molona e da Banda Municipal de Música de Brión, así como un mercadiño de Nadal do alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Pedrouzos e unha degustación gratuíta de chocolate con churros.

Centos de familias déronse cita en Brión para desfrutar dun divertido concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, que durante máis dunha hora fixeron bailar a pequenos e adultos ao ritmo das súas divertidas e pegadizas cancións. Paralelamente, o alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Pedrouzos organizaba un mercadiño de Nadal diante da Casa da Cultura, con todo tipo de artigos de segunda man.

A iso das 19:30 horas, o alcalde de Brión, Pablo Lago, e a concelleira de Cultura, Sandy Sanmartín, subiron ao escenario onde unha das nenas asistentes escolleu o número da persoa encargada de premer o botón de acendido do alumeado especial de Nadal en Brión. Uns números repartidos polo Concello de Brión entre toda a rapazada presente no evento e do que saíu a meniña encargada de acender o alumeado especial de Nadal en Brión, que este ano inclúe un trineo especial diante da capela de Santa Minia, coa palabra “Brión” ao seu carón, e unha gran caixa de luces con forma de agasallo de Nadal a carón da Casa da Cultura.

Unha selección de cancións de Nadal interpretadas pola Banda de Música de Brión acompañou o reparto gratuíto de chocolate con churros entre todas as persoas presentes, que amenizaron tamén a espera facéndose fotos co novo alumeado navideño, especialmente co trineo dos renos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%