Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 julio, 2026
O Concello de Boiro deu comezo este venres ás Festas do Verán 2026 por todo o alto co comercio tradicional boirense como homenaxeados deste ano nun pregón presentado por Leti da Tababerna que recoñeceu a contribución destes negocios ao desenvolvemento económico, social e humano de Boiro ao longo de moitas xeracións.
Participaron neste pregón representantes de negocios como Noemi, a de Lola, A taberna de María, a taberna de Runs, a Casa do Demo, o bar Bocacho, a de Josefina, a ferretería de Gerardo ou zapateiro. Todos eles falaron da súa experiencia sacando adiante un negocio durante décadas, poñendo en valor o traballo diario de xeracións que contribuíron a construír un Boiro vivo e dinámico.
Esta homenaxe quixo poñer en valor o papel que desempeñan os pequenos establecementos no desenvolvemento dun pobo como Boiro e no seu día a día, non so como motores da economía local senón como espazos de confianza, de atención personalizada e relación social. “Lugares onde non só se vendían produtos ou se servían cafés, viños ou comidas; tamén se compartían historias, se facían amizades e se construía comunidade”, recoñeceu María Outeiral na súa intervención.
O alcalde agradeceu o compromiso das xeracións que contribuíron a facer medrar Boiro e resaltou a importancia de mercar no comercio local. “Estes establecementos viron medrar xeracións e ofreceron, e seguen a ofrecer, moito mais que un produto ou servizo: son confianza, son proximidade, son humanidade e, en definitiva, son Boiro”.
O programa do primeiro dia das festas continuou logo do pregón en tres escenarios distintos. Na Praza de Galicia verbena con Capitol e Suavecito; no Parque da Cachada coa Remember Fest e na Praza do Centro Social con Curi&Soundivan.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)