Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today24 septiembre, 2026
Tras asinar un debut dourado na categoría de Segunda B cun traballado e merecido triunfo por 1-2 fronte ao Ribeira FS en Lugo —con dianas de Pablito e un emocionado Quintás no seu regreso tras un ano de lesión—, o Composala afronta este sábado ás 18.00 horas un dos momentos máis esperados da tempada: a súa presentación oficial en Segunda B ante a súa afección.
O Pavillón de Santa Isabel será o escenario dunha cita con tinguiduras históricas. A marea granate está chamada a xogar o papel de «sexto xogador» desde a bancada para empuxar aos homes de Gabi Rama nunha categoría tan esixente como ilusionante. O alento do público será fundamental desde o primeiro segundo para converter o feudo compostelán nun fortín inexpugnable.
O reto non admitirá relaxación. En fronte estará un Deporcyl Gardo FS que chega colíder provisional tras certificar un inicio de liga irresistible ao superar cun contundente 6-1 ao Lugo Sala na primeira xornada. Os palentinos poñerán a proba a solidez do cadro santiagués nun duelo de alta tensión entre dous equipos que arrincaron o campionato sumando de tres.
A cita está servida para o sábado ás 18.00 horas en Santa Isabel: calidade sobre a pista, un rival de máximo nivel e unha afección con gañas de facer historia xunto ao seu equipo en Segunda B.
Na previa do choque, o técnico local, Gabi Rama, remarcou a ilusión que respira o persoal ante esta cita: «Estamos con moitísimas gañas e unha ilusión enorme por volver xogar en Santa Isabel e sentir a calor da nosa xente, agora nunha categoría superior». Sobre o nivel do campionato e a esixencia do encontro, Gabi destacou: «Afrontar a Segunda B é un reto enorme para nós, unha categoría sumamente competitiva. Medímonos a un rival da entidade do Guardo FS, un clube totalmente consolidado na categoría que sempre deseña proxectos moi potentes para estar arriba. Teremos que dar a nosa mellor versión para competirlles de ti a ti e deixar os puntos na casa»
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)