Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today7 mayo, 2025
A OPE 2025 inclúe 21 prazas de administración xeral e especial, das cales sete son de administración xeral e 14 da administración especial. A oferta de emprego tamén conta con 21 prazas para a Policía Local, cuxa selección de persoal faise a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Este total de prazas supón a cobertura das 13 xubilacións do ano 2024 canda tres de nova creación, de maneira que o goberno leva ao límite a taxa de reposición. Ademais, tal e como explicou o concelleiro de Persoal, a OPE inclúe tamén outras cinco prazas para Policía Local que se corresponden coas xubilacións deste principio de ano. Adicionalmente, a oferta de emprego inclúe nove prazas para o corpo de Bombeiros, das cales sete se corresponden con xubilacións e dúas máis son de nova creación ata o tope da taxa de reposición permitida
Por outro lado, a OPE conta con catro prazas que non están suxeitas a taxa de reposición de efectivos, como consecuencia de procesos de promoción interna (una praza de inspector de policía local, unha praza de oficial de policía local, unha praza de xefe/a de dotación do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento e unha praza de bombeiro/a condutor/a especialista). Tamén se inclúe a funcionarización de catro prazos de coordinador/a sociocultural.
O concelleiro Manuel César Vila destacou que esta oferta de emprego “nace do traballo de negociación coa representación sindical”. “Fomos aos máximos que nos permite a lexislación vixente”, indicou o titular de Persoal tras a xuntanza, ao tempo que incidiu en que a prioridade do goberno son os servicios esenciais. Neste sentido, remarcou que a representación sindical coincidiu na valoración positiva no que ten que ver coa oferta de 21 prazas para o corpo policial.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)