AD

Comarca

O Concello realiza unha recepción ao talento amesá nos XXX Premios de Teatro María Casares

today24 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • O alcalde e  concelleiro de Cultura, Blas García, destaca “a calidade artística que ten Ames, xa que conta entre a súa veciñanza con músicos, actores e actrices que destacan no panorama galego e nacional, tanto na escena musical como das artes escénicas”
  • “Teño que felicitar a todos os artistas que conseguiron un premio na gala dos XXX Premios de Teatro María Casares, pero tamén a aqueles que obtiveron nomeamentos”. Ademais, mostrou unha vez máis “o compromiso do Concello de Ames coas artes escénicas e co teatro”
  • En dito acto púxose de manifesto a necesidade de contar cun novo auditorio acorde ao tamaño e o crecemento que Ames experimentou nos últimos anos

Ames, 23 de abril de 2026.- O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García,xunto a outros/as concelleiros e concelleiras do grupo de goberno e dos grupos municipais do Partido Popular e do BNG, realizáronlle este pasado mércores pola tarde unha recepción institucional aos actores, actrices e persoal das compañías que foron premiados/as e nominados/as nos XXX Premios de Teatro María Casares. A través de dito recibimento, realizado no salón de plenos da Casa do Concello, púxose en valor o talento e calidade artística amesá no eido cultural. En dito acto púxose de manifesto a necesidade de contar cun novo auditorio acorde ao tamaño e o crecemento que Ames experimentou nos últimos anos.

O alcalde e  concelleiro de Cultura, Blas García, destaca “a calidade artística que ten Ames, xa que conta entre a súa veciñanza con músicos, actores e actrices que destacan no panorama galego e nacional, tanto na escena musical como das artes escénicas. Teño que felicitar a todos os artistas que conseguiron un premio na gala dos XXX Premios de Teatro María Casares, pero tamén a aqueles que obtiveron nomeamentos”. Ademais, mostrou unha vez máis “o compromiso do Concello de Ames coas artes escénicas e co teatro”.

A dito acto tamén asistiron concelleiros e concelleiras do goberno municipal, así como as voceiras do Partido Popular, Oliva Agra, e do BNG, Escarlata Pampín, e mailo voceiro do PSdeG-PSOE, Víctor Fernández. Todos eles/as mostráronse agradecidos por levar o nome e Ames polo país adiante.

Residencias artísticas

Por parte dos actores, actrices e persoal das compañías solicitaron máis espazos para poder ensaiar e preparar os seus espectáculos. En dito acto tamén se puxo de manifesto a necesidade de contar cun novo auditorio acorde ao tamaño e o crecemento que Ames experimentou nos últimos anos. Cómpre lembrar neste senso que o Concello de Ames dispón dun programa de residencias artísticas para creadores, creadoras e compañías profesionais que desenvolvan as súas liñas de traballo nos ámbitos das artes escénicas.

A finalidade última deste proxecto é apoiar a creación artística do tecido profesional e empresarial, facilitando espazos e equipamento para o ensaio e produción de proxectos escénicos. A cambio, as compañías deben propoñer actividades pedagóxicas orientadas á comunidade educativa, de promoción do teatro, orientadas á creación de novo público e á estrea das novas producións.

Premiados/as e nominados/as nos XXX Premios de Teatro María Casares

O Concello de Ames contou cunha numerosa representación de actores, actrices e persoal de compañía nos XXX Premios de teatro María Casares, unha mostra do gran talento artístico que hai en Ames. En representación das artes escénicas amesás, Marta Alonso Tejada acadou o premio á mellor dirección de movemento por A serie Clopen, do Centro Dramático Galego.

O músico amesán, Alonso Caxade, obtivo o premio ao mellor espazo sonoro polo traballo na obra Reconversión, de Ibuprofeno Teatro. Rafa Martínez, Miguel Gendre e Laura Pouso alzáronse co premio ao mellor espazo escénico polo seu traballo en TROMSØ, de Morraoconto.

Pola súa parte, a actriz e activista Luma Gómez foi recoñecida co premio de honra Marisa Soto en homenaxe á súa longa traxectoria no mundo da interpretación.

Carlos Labraña, autor da obra A Biblioteca Galáctica contra a IA Fantástica, producida por Tanxarina Títeres. Dita obra foi galardoada como mellor espectáculo de monicreques, destacando por defender a imaxinación fronte á intelixencia artificial. Esta obra de aventuras, música e humor celebra a amizade e a literatura, conmemorando o 75 aniversario da Editorial Galaxia.

Ademais, Pablo Reboleiro estivo nominado nas categorías de Espectáculo, Dirección e Texto orixinal, polo espectáculo A serie Clopen, do Centro Dramático Galego. Josito Porto tamén estivo nominado na categoría de mellor actor secundario polo seu papel en Mofa&Befa: Os dous de sempre, de Producións Teatrais Excéntricas.

Todos os/as premiados/as e nominados/as acudiron a dito acto excepto Alonso Caxade e Rafa Martínez, que non puideron acudir por cuestións persoais.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *