AD

Comarca

O deportista Fernando Romay será o pregoeiro da 52ª Festa do Salmón da Estrada

today25 abril, 2026

Fondo
share close
AD
  • Cunha dilatada traxectoria baloncestística, que inclúe unha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984, Romay recibirá o Salmón de Ouro o vindeiro 17 de maio.
  • A máxima distinción municipal recaerá tamén este ano na exalcaldesa Elvira Fernández, na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e en Darío Loureiro e Ariadna Silva, galardoados co Mestre Mateo.

A Estrada, 25 de abril de 2026.- O que foi medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1984 e xogador do Real Madrid de baloncesto entre os anos 1976 e 1993, Fernando Romay Pereiro, será o pregoeiro da LII Festa do Salmón da Estrada. Recibirá, ademais, unha das insignias Salmón de Ouro nun acto institucional, público e aberto que se celebrará no Teatro Principal o vindeiro 17 de maio. Compartirán con el a máxima distinción que outorga o Concello da Estrada a exalcaldesa Elvira Fernández, os estradenses Darío Loureiro e Ariadna Silva (ámbolos dous galardoados nos Premios Mestre Mateo) e a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

O alcalde, Gonzlo Louzao Dono, foi e encargado de desvelar os nomes do pregoeiro e das persoas que serán distinguidas nunha Festa do Salmón que este ano acada a súa 52ª edición. Apuntou o dirixente que a elección de Fernando Romay como pregoeiro responde a que a súa traxectoria deportiva e humana conecta de maneira simbólica cos valores que representa este peixe tan emblemático para A Estrada, así como a propia festa.

“O salmón é moito máis ca un produto gastronómico: é un símbolo de perseveranza, esforzo, superación e regreso ás orixes. A nosa festa está dedicada a animal capaz de percorrer miles de quilómetros e remontar o río contra corrente para cumprir o seu ciclo vital. É unha metáfora perfecta da constancia e da loita”, subliñou o mandatario, para logo engadir: “Un deportista como Fernando Romay representa eses mesmos valores”.

Louzao Dono apuntou que ao longo da súa dilatada traxectoria deportiva, Romay destacou tamén pola súa perseveranza e traballo constantes, dous atributos que resultan fundamentais para manterse durante anos na elite do baloncesto internacional. Deste xeito, o deportista, como o salmón, tivo que labrar a súa carreira a base de sacrificio, disciplina e superación.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *