Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 septiembre, 2026
Santiago volverá encherse de ilusión coa segunda edición do festival de maxia ‘Encantos en Compostela’, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro do 2026. O festival, que chega á súa terceira edición, busca ofrecer unha experiencia para todos os públicos, combinando entretemento, participación e sorpresa.
A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, animou a veciñanza a gozar desta proposta, acompañada por Óscar Fernández e Eloy Fernández, por parte da organización.
‘Encantos en Compostela’ é unha das propostas beneficiarias das axudas do Concello de Santiago para a realización de actividades culturais do sector profesional, coa finalidade de diversificar a programación da cidade e estimular o tecido cultural local.
O festival sae do centro histórico e espállase cara aos barrios e parroquias de Compostela para crecer en accesibilidade. E faino tamén en inclusión e solidariedade, con actuacións nas residencias de maiores para achegar ilusión a residentes e visitantes.
O programa inclúe obradoiros, maxia para o público familiar, maxia de cerca e maxia soldaria. O programa completo pode consultarse en encantosencompostela.com.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)