AD

Actualidad

O goberno de Arzúa traballa para que o Centro de Saude conte cunha matrona «o antes posibel”

today23 enero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

Arzúa 23 de xaneiro de 2024.- O alcalde Xoan Xesús Carril ven de presentar esta mañá un escrito ante a Consellería de Sanidade despois de coñecer de primera man a situación en que se atopa o centro de saude onde hai días que non se cubre a baixa da matrona.

Xoan Carril púxose en coctacto coa cordinadora do Centro de Saude despois de ter recibido varias queixas de veciñas que informaban da situación.

“Estamos ante unha situación moi preocupante, como integrante do equipo de atención primaria, a matrona é a/o profesional referente para atención á saúde maternoinfantil, sexual e reprodutiva da muller en atención primaria ” afirmou Xoan Xesús Carril alcalde de Arzúa.

Desde o Servizo Galego de Saude manifestan que non hai profesionais nas listas para cubrir esta praza.

“Solicitámoslle ao Sergas que coa máxima celeridade, substituan á profesional porque non é solución para nós que as nosas veciñas teñán que desprazarse ao Centro médico de Melide para ser asistida” afirmou o alcalde.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%