Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Este xoves 19 de setembro, o Hotel Costa Vella celebrará na súa singular terraza un evento polo seu 25 aniversario. A xornada consistirá nun evento privado co que os xerentes do hotel– os irmáns José Antonio e Ana Liñares e Roberto Sousa – queren agradecer o apoio e confianza que clientes, colaboradores e veciños depositaron no proxecto.
Ao abrir as súas portas, o Hotel Costa Vella convertíase en pioneiro dun modelo de hotel que por aquel entón non contaba con oferta en Compostela: exclusivo, cun volume de habitacións moi pequeno que se centraba no servizo ao cliente, buscando a máxima calidade.
Xunto ao luxo e a exclusividade, o Hotel Costa Vella destaca polo seu edificio emblemático de arquitectura tradicional situado en pleno corazón da zona monumental compostelá. E polo seu xardín de beleza única, coñecido por albergar unha das terrazas máis apreciadas de toda a capital galega.
A maiores do Costa Vella, José Antonio, Ana e Roberto rexentan outros dous hoteis con este mesmo modelo de exclusividade. O Moure, un hotel contemporáneo que une deseño e tecnoloxía, e Altair, que mantén un perfecto equilibrio entre tradición e innovación seguindo a filosofía xaponesa wabi-sabi.
Escrito por Líder Redacción
aniversario comercio hotel costa vella radio lider santiago santiago turismo
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)