AD

Comarca

O Pazo de Goiáns acolleu o III Certame de Regueifas no que participan os centros de ensino

today29 mayo, 2026

Fondo
share close
AD

O Pazo de Goiáns acolleu este venres o III Certame de Regueifas organizado polo Concello de Boiro xunto cos equipos de Dinamización da Lingua Galega no que participan os centros de ensino de primaria e secundaria do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, participaron na apertura da xornada.

Durante o curso o alumnado dos centros de ensino participantes tivo uns obradoiros nos que tiveron a oportunidade de familiarizarse coa regueifa e practicar xogos de palabras. Participaron neste certame o CEIP Santa Baia, IES A Cachaa, CEIP Santa María do Castro, CEIP de Escarabote, CEIP de Cespón, CEIP Praia Xardin, IES Praia Barraña e CEIP de Abanqueiro.

Cada centro preparou unhas coplas durante os obradoiros que no día de hoxe expuxeron sobre temáticas de actualidade e o municipio. Posteriormente tiveron lugar xogos de improvisación entre os presentadores e representantes dos distintos centros.

Esta iniciativa ten como finalidade dar a coñecer á rapazada a poesía oral improvisada en verso e a nosa tradición, explicando a historia regueifeira e outras expresión da improvisación que existen en Galicia. Do mesmo xeito, preténdese espertar no alumnado vocacións nesta práctica artística cunha importante labor didáctica no contidos de materias como a lingua galega ou música.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *