Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 noviembre, 2023
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023.- Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, o PSdeG de Santiago lanza conxuntamente coas Xuventudes Socialistas un vídeo en redes sociais co que pretenden poñer o foco nas “novas vías” que atopa o machismo “para perpetuarse en toda a sociedade”, poñendo o foco no papel das redes sociais e as novas tecnoloxías.
A campaña, baixo o lema “O machismo deixa pegada” foi presentada este mércores pola secretaria de Participación Cidadá e Veciñanza, Isabel Gómez e a secretaria de Igualdade das XSG, Jimena Sierra. Ambas coincidiron en sinalar a normalización que se está dando de condutas machistas, tamén no eido institucional coa entrada da ultradereita en gobernos locais e autonómicos: “vemos como representantes públicos abandonan os minutos de silencio para evitar condenar a violencia machista, impiden declaracións institucionais, retiran os fondos para combatela ou suprimen as consellerías e concellerías de igualdade” denunciou Sierra.
Gómez Cambón insis&u no alarmante dos datos da violencia machista con 52 mulleres asasinadas no que vai de ano, sendo o peor dato dende que hai rexistros, ou os 4.522 casos activos en Galicia no sistema VioXen, dos cales 2.066 son na nosa provincia: “mentres, a dereita de Rueda e Feijóo participa e alenta manifestacións con cánticos e accións machistas propias dunha sociedade de pensamentos cavernarios” criticou. Gómez recalcou que o machismo “si ten ideoloxía” cando se ve como “o PP pacta con quen nega a existencia da violencia contra as mulleres”. A secretaria de Participación Cidadá amosou o compromiso dos socialistas coa loita contra o machismo animando á participación nas concentracións organizadas o próximo sábado polas organizacións feministas: “sairemos á rúa polas que sofren en silencio, polas que anhelan unha vida libre de medo e polas que xa non están”.
Un problema estructural que afecta a todas as mulleres
No vídeo da campaña que presentan as socialistas, a voz de Rosa Arcos, secretaria de Igualdade do PSdeG-PSOE Santiago e de Jimena Sierra, sinalas as caras do machismo – violencia sexual, económica, física..- e poñen o foco no avance “impune” do machismo a través de redes sociais ou incluso a Intelixencia Artificial.
Un vídeo no que se ve como simpatizantes e diferentes persoas deixan a pegada da súa man nun fondo branco para falar da pegada do machismo, a través dos datos e alertando da “normalización de condutas como control de todo tipo, malos tratos Zsicos ou psicolóxicos ou os celos” segundo explica Sierra.
Un vídeo que finaliza cunha apelación directa ás mulleres que sofren a violencia machista con un “pide axuda, protéxete”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)