AD

Actualidad

O pavillón de Santa Isabel acolle este sábado a segunda xornada da Liga Galega de Karate

today19 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

19/01/2024 A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, acompañada do presidente da Federación Galega de Karate, Óscar de la Fuente, presentaron esta mañá a Liga Galega de Karate, cuxa segunda fase se desenvolverá no pavillón municipal de Santa Isabel este sábado, 20 de xaneiro. 617 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos, pertencentes a 32 clubs de toda Galicia competirán polos títulos nas diferentes categorías.

Santiago recibirá esta fin de semana 617 deportistas con idades comprendidas entre os 5 e 15 anos, «a cifra máis alta de inscrición rexistrada na historia do karate galego», salientou a concelleira Pilar Lueiro que tamén detallou que os participantes «pertences a 32 clubs de toda Galicia, varios deles composteláns». A eles súmanse 18 árbitros, e 20 persoas da organización. Pilar Lueiro reiterou o compromiso do Concello en «converter a Santiago na capital do Deporte» e coa promoción e o apoio ao deporte de base.

A Liga Galega de Karate é unha competición que se desenvolve en diferentes xornadas cun obxectivo de carácter promocional tendo como destinatarios aos deportistas das categorías de base. Así, Santiago acollerá este fin de semana a segunda fase do circuíto nacional nas categorías de pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete que será seguida por unha terceira fase que terá lugar en Cedeira no mes de abril.

Información práctica

A competición celebrarase este sábado 22 de xaneiro en horario de 09:30 h a 14:00 h, e de 16:30 h a 21:00 h. Estará permitida a presenza de público e a entrada será e balde. Tamén se poderá seguir en directo a través da canle de YouTube da Real Federación Española de Karate. Ademais tamén se poden seguir os resultados da competición a través de www.karatescoring.com, plataforma web coa que a RFEK xestiona as súas competicións.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%