Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Pino. 12-12-2023.- A postal de Nadal deseñada por Nerea Garea García, alumna de 6ºA de Primaria do CPI Camiño de Santiago, foi a elixida polo Concello do Pino como postal institucional para felicitarlle estas festas á veciñanza.
O xurado encargado de fallar o concurso organizado pola Concellaría de Cultura tamén elixiu os deseños da aula de cinco anos, na categoría de Educación Infantil do CPI; a de Claudia Fernández Santos, de 2ºA de Primaria, e a de Marta Paderne Gaspar, de 4ºB de Primaria, como as gañadoras deste concurso no que participou o alumnado de Infantil e Primaria do colexio de Arca e da escola unitaria de Gonzar.
As gañadoras deste concurso recibirán o seu premio o vindeiro cinco de xaneiro no polideportivo de Reboredo, coincidindo coa chegada da Cabalgata dos Reis Magos que ese día vai percorrer todas as parroquias do Pino. Cada unha das gañadoras deste concurso recibirá un lote de libros e xogos.
O xurado do certame estivo formado pola animadora sociocultural Ana Vigo, o técnico de deportes, Iván Sanmartín, e a traballadora social Raquel Coto.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)