AD

Comarca

O Pino organiza dúas xornadas gratuítas para aprender a actuar ante situacións de emerxencia

today19 octubre, 2026

Fondo
share close
AD

– As sesións de primeiros auxilios celebraranse o 31 de outubro no Pavillón de Reboredo e o 14 de novembro na Casa do Maior de Lardeiros, de 10.00 a 12.00 horas
– A formación terá un enfoque práctico, con simulacións e exercicios sobre atragantamentos, reanimación cardiopulmonar e primeiros pasos de intervención

O Pino. 19-10-2026.- O Concello do Pino organiza dúas xornadas prácticas de primeiros auxilios co obxectivo de achegar á veciñanza coñecementos básicos para actuar ante unha emerxencia ata a chegada dos servizos sanitarios. A actividade será gratuíta e contará con prazas limitadas.

A primeira sesión terá lugar o sábado 31 de outubro no Pavillón de Reboredo. As persoas interesadas poderán anotarse ata o venres 30 de outubro. A segunda desenvolverase o sábado 14 de novembro na Casa do Maior de Lardeiros, con 25 prazas dispoñibles e prazo de inscrición ata o venres 13 de novembro. Ambas as xornadas terán unha duración de dúas horas, en horario de 10.00 a 12.00 horas.

As inscricións poderán formalizarse presencialmente no Concello do Pino ou en liña a través da aplicación municipal de reservas.

Aprendizaxe mediante exercicios e simulacións

Os contidos centraranse na actuación ante atragantamentos, na reanimación cardiopulmonar (RCP) e no protocolo básico de resposta ante situacións de emerxencia.

Tamén se abordarán a identificación de riscos e os primeiros pasos de intervención mentres se agarda pola asistencia sanitaria.

A metodoloxía será principalmente práctica e participativa. Mediante simulacións e exercicios, as persoas asistentes poderán familiarizarse con técnicas básicas de primeiros auxilios e practicar como responder ante situacións que poden producirse na vida cotiá.

Con esta iniciativa, o Concello do Pino busca promover hábitos de prevención, responsabilidade e colaboración, así como concienciar sobre a importancia de contar con coñecementos de primeiros auxilios para prestar atención inmediata ás persoas en situación de risco.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *