Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 enero, 2024
O concelleiro do Partido Popular, José Ramón de la Fuente, reprochou ao BNG que mintan sabendo que o están facendo, pois tanto Sanmartín como Louzao participaron o pasado 18 de setembro na Xunta de Goberno Local que acordou incrementar as tarifas dos servizos que se prestan no Multiusos Fontes do Sar e de Santa Isabel.
Nesa xuntanza o Goberno do BNG aprobou incrementar as tarifas un 12,40%, incremento que se fixo efectivo desde o 1 de xaneiro de 2024.
Na reunión do Consello de Administración de Xade celebrada o 9 de novembro pasado, os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e PSOE votaron a favor da subida de tarifas, pero o Partido Popular negouse a apoiar a medida mentres o servizo fora prestado nas deficientes condicións nas que se está a prestar na actualidade.
“Nas condicións nas que se está a prestar os servizos, debe ser o Concello quen asuma eses incrementos”, salientou De la Fuente.
O edil popular manifestou que “non estamos de acordo con estes incrementos, que non redundan en beneficio ningún para os usuarios dos servizos, non é aceptable que se incrementen as tarifas sen que isto supoña mellora de instalacións e equipamientos, os servizos estanse prestando en condicións lamentables”.
O BNG puido compensar o incremento destas tarifas como concello, igual que fixo coa dos autobuses, pero non queren, eles saberán por qué, pero o que non é aceptable é que mintan, “autorizaron o incremento de tarifas e votaron a favor”, Miriam Louzao, minte.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)