AD

Actualidad

O PP alerta dunha “alarmante situación de suciedade” en Santiago

today8 julio, 2026

Fondo
share close
AD
  • Lamentamos que -agregou Adrián Villa-, a pesar do enorme custo económico que supón este contrato para as arcas municipais e para o peto da veciñanza, que a realidade sexa unha cidade máis sucia, máis descoidada e peor xestionada, pagamos máis que nunca para recibir menos”.
  • “É moi grave a permisividade do goberno de BNG e CA coa proliferación de carteis de organizacións políticas afíns colocados en espazos non autorizados, sen que conste retirada inmediata nin sancións polos continuos incumprimentos da ordenanza municipal, o que reflicta unha aplicación selectiva das normas por parte dos nacionalistas”.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, reclamoulle ao goberno de BNG e CA que tome medidas sobre o contrato da limpeza na cidade, “ante a alarmante situación de sucidade que sofre Santiago” e criticou a “absoluta pasividade do Goberno nacionalista, incapaz de garantir un servizo básico como é a limpeza viaria, a pesar de contar co contrato máis caro da historia municipal”.

Villa destacou que “Santiago presenta unha imaxe de abandono cada vez máis evidente, cun incremento constante das queixas da veciñanza e cunhas rúas que amosan acumulacións de lixo continuadas, colectores desbordados, fallos reiterados na recollida de residuos e unha evidente falta de limpeza a presión en beirarrúas e espazos públicos que deterioran gravemente a imaxe da capital de Galicia”.

O popular indicou que “nós lamentamos que, a pesar do enorme custo económico que supón este contrato para as arcas municipais e para o peto das veciñas e veciños, a realidade sexa unha cidade máis sucia, máis descoidada e peor xestionada, pagamos máis que nunca para recibir menos que nunca”.

“É especialmente grave a permisividade do goberno de BNG e CA coa proliferación de carteis de organizacións políticas afíns colocados en espazos non autorizados, sen que exista constancia de retirada inmediata nin de sanción algunha polos continuos incumprimentos da ordenanza municipal, o que evidencia unha aplicación selectiva das normas e unha preocupante falta de exemplaridade por parte dos nacionalistas”.

Así mesmo, o edil popular insistiu en que “o Partido Popular de Santiago presentou un escrito co fin de coñecer o número de sancións que levan posto a organizacións políticas dende xuño de 2023, así saber se son cómplices ou estarían cometendo prevaricación por omisión, ao ser cartelería da que o goberno é coñecedor e que se non aplica as sancións pertinentes recollidas na ordenanza, sendo cómplices e permitindo este tipo de conductas”

O popular incidiu en que “esta situación fíxose aínda máis evidente durante a pasada Semana Santa, cando o goberno nacionalista chegou a afirmar publicamente que existira un reforzo do servizo de limpeza, pero as imaxes que vimos eses días mostraron unha cidade desbordada polo lixo, cunha estampa impropia dunha cidade Patrimonio da Humanidade e dun destino turístico internacional como Santiago”.

Adrián Villa considerou especialmente incomprensible que, “cando o Concello xa está a ingresar unha taxa turística, esta lonxe de repercutir na mellora dos servizos básicos, estes ingresos desaparecen sen tradución visible na limpeza, no mantemento nin na calidade do espazo público”.

“O Goberno de Goretti Sanmartín vive instalado na propaganda e alleo aos problemas reais de Santiago, mentres presumen de modelo de cidade, os composteláns conviven cada día coa sucidade, o abandono e a falta de xestión”, sinalou.

Para o edil popular, “Santiago non pode seguir instalada no abandono nin resignarse a converter a sucidade nunha paisaxe habitual. A limpeza, a orde e o coidado da cidade non son opcionais: son unha obriga dun Goberno nacionalista que, a día de hoxe, está demostrando unha preocupante incapacidade para cumprir co máis básico”.

Pancartas e carteis

Así mesmo, o concelleiro do Partido Popular en Santiago, José Antonio Constenla, denunciou tamén a falta dunha normativa clara para a colocación de pancartas e carteis no espazo público da cidade, polo que lle reclamou ao goberno de BNG e CA estableza uns criterios claros que “ordenen” todo tipo de soportes informativos en todos os lugares da capital de Galicia.

“Estas normas -remarcou Constenla- deben garantir o equilibrio entre a liberdade de expresión e a participación cidadá, e a adecuada protección do espazo público, do patrimonio, da paisaxe urbana e da neutralidade institucional; ademais de que, durante o proceso de elaboración destas regras, se consulte coas asociacións veciñais, culturais e sociais, para incorporar as súas achegas e necesidades”.

“A proliferación desordenada de carteis ou pancartas por calquera sitio do Concello -insistiu o popular- afecta, de xeito negativo, ao mobiliario urbano e ao patrimonio, ademais de xerar custos para a administración” e engadiu que “é especialmente preocupante a utilización ideolóxica do espazo público que se está producindo baixo o goberno municipal do BNG e CA”, algo que se pode ver en espazos emblemáticos da cidade como a Alameda.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *