Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 septiembre, 2024
Segundo o concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, “Santiago ten un grave problema de seguridade cidadán, xa que o BNG é incapaz de xestionala, o que acaba repercutindo na cidadanía”. “O que esta por determinar, explicou o popular, é se se trata de incompetencia, de pura indolencia ou se, simplemente, son os prexuízos ideolóxicos dos nacionalistas os que atenazan a súa forma de levar o concello”.
De la Fuente destacou que, realmente, “moito nos tememos que son as tres causas as que están detrás do forte incremento da criminalidade en Compostela que o BNG non pode negar”, ante o clamor na cidade e os datos obxectivos do propio Ministerio de Interior, que confirman a tendenza alcista da comisión de delitos, cuxos últimos datos publicados atestiguan a peor cifra dos últimos seis anos, cun incremento do case o 7% respecto do mesmo período do ano 2023.
Para o edil popular, “o que xa resulta grotesco é a negativa a admitir o que os propios cidadáns ven cos seus propios ollos, negar a existencia das carreiras de automóbiles na Sionlla, cando todo o mundo puido contemplar os vídeos de coches arrancado bruscamente e acelerando diante de centos de persoas, e observar as pegadas dos pneumáticos na calzada, unha situación que deixa en moi mal lugar o sentido da realidade do BNG e moi preocupados aos cidadáns, que se preguntan en mans de quen esta a nosa seguridade”.
“Os nacionalistas saben, desde hai meses, que se están a producir incidentes de este tipo, porque consta no rexistro do propio Concello a presentación de queixas por esta situación, avisados están, iso é indubidable, os propios cidadáns o puxeron en coñecemento do Concello, pero non se ten posto en marcha ningunha medida, o desinterese por atallar o problema é evidente, o que nos gustaría saber é por que”, subliñou.
Así mesmo, hai que saber que a propia Garda Civil recoñece que o parque da Sionlla ten un grave problema coa iluminación pública que orixina un entorno idóneo para a celebración destas carreiras ilegais, cuestión que o Partido Popular denunciou no propio Pleno e que os nacionalistas impiden solucionar, ao negarse a poñer en marcha a Entidade Urbanística de Conservación, que debe xestionar o polígono ou a adoptar algunha medida provisional para solucionar as deficiencias existentes.
“Non son quen de poñer na rúa máis efectivos de Forzas e Corpos de Seguridade, se negan a que as cámaras de videovixilancia graven e a mellorar a iluminación na cidade, o balance do primeiro ano de mandato do BNG xa transcorrido é ben pobre e desalentador” destacou o popular.
Finalmente, De la Fuente indicou que “emprazamos aos nacionalistas a que se tome en serio un problema que se repite todos os fins de semana na Sionlla, antes de que ocorra algo de que lamentarse; destine efectivos á vixilancia da zona, que se produce días e horas moi concretos que é fácil prever, anticipar e atallar; e desatasque, dunha vez, a súa negativa a colaborar no mantemento do polígono e mellore de xeito inmediato a súa iluminación”.
Written by: Líder Redacción
a sionlla carreiras ilegais denuncia mobilidade noticias compostela politica pp santiago seguridade
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)