Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 diciembre, 2024
• Borja Rubio indicou que “a conciliación de Educación volve a adoecer dunha programación de carácter anual e de continuidade” e, ademais, “é unha mágoa -engadiu- que non se estenda a máis centros educativos, o que permitiría diversificar a oferta e facilitaría o acceso a ese programa a moitas familias”.
• “A organización de eventos e actividades nos Centros Socioculturais non van permitir ás familias conciliar, porque é materialmente imposible cos horarios e xornadas que se contemplan”, subliñou José Ramón de la Fuente.
O Partido Popular de Santiago, a través dos concelleiros José Ramón de la Fuente e Borja Rubio, vén de denunciar a escasa implicación do BNG coas familias, sobre todo, tendo en conta que as 78 prazas de Educación, unicamente 30 con almorzo, e as 30 de Xuventude, son claramente insuficientes para atender as necesidades de conciliación neste Nadal.
Borja Rubio indicou que “a conciliación de Educación volve a adoecer dunha programación de carácter anual e de continuidade, como lle temos reclamado desde o Partido Popular en diversas ocasións” e, ademais, “é unha mágoa -engadiu- que non se estenda a máis centros educativos, o que permitiría diversificar a oferta, tanto desde un punto de vista de número e pluralidade de actividades como de localizacións, e facilitaría o acceso a ese programa a moitas familias que, nas actuais condicións, non lle resulta atractivo para unha efectiva conciliación familiar”.
Cabe sinalar que o programa de conciliación de Educación se desenvolverá exclusivamente nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes e as de Xuventude no Monte do Gozo, desaproveitando a rede de Centros Socioculturais estendida pola cidade para ampliar a oferta.
Pola súa banda, De la Fuente indicou que “o BNG programou un calendario de actividades nos CSC para este Nadal “pero, lamentablemente, dito programa non é un plan de conciliación familiar, xa que polos días programados, os horarios ofertados e os centros onde se realizarán esas actividades, ninguén poderá planificar estes días, contando coa oferta do Concello, posto que non cubre as máis mínimas necesidades das familias”.
“A organización de eventos e actividades nos Centros Socioculturais non van permitir ás familias conciliar, porque é materialmente imposible cos horarios e xornadas que se contemplan”, subliñou o edil popular.
Os edís populares pregúntanse “que clase de conciliación se pode levar a cabo co horario establecido, de 10.00 a 14.00 horas?; esta claro que o BNG non coñece as necesidades das familias, porque senón non tería organizado un programa que só permite conciliar catro horas, a que hora pensan os nacionalistas que entran a traballar os pais e nais?, a que hora pensan que saen de traballar os pais e nais?, quen pode conciliar con eses horarios?, son capaces de conciliar os concelleiros nacionalistas con eses horarios?”, se pregunta De la Fuente.
Así mesmo os populares remarcan que o colmo é a proposta no rural, na que se establece limitacións de prazas e, por riba, a súa dispoñibilidade e plena efectividade dependen de que se cubran un número determinado de prazas, “ou sexa, as familias do rural poderán conciliar se hai un número suficiente de nenos e nenas para facer rendible o programa, senón, ao BNG non lle preocupa como poden resolver os problemas para conciliar, é un pouco “que se busquen a vida”.
Sinalan os edís populares que “no rural as horas dispoñibles se condicionan á propia celebración desas actividades e a que, no momento do comezo, exista unha porcentaxe mínima de asistentes, cousa que non se fai nos centros do resto da cidade”.
Ademais, o programa non se estende a todo o rural, tan só a catro centros (A Gracia, Marrozos, Figueiras e Bando), no resto de centros socioculturais e locais sociais do rural de Santiago non se prevén nin programan actividades. “Trátase dun desprezo aos veciños do rural, tanto polo número de prazas ofertadas, como as condicións de dispoñibilidade e asistencia esixidas, cousa que non se fai no resto do municipio”, subliñaron.
Finalmente, os concelleiros populares indicaron que é patente que “aos nacionalistas non lles preocupa a conciliación das familias, non hai programado un auténtico plan de conciliación nos Centros Socioculturais, so hai un refritido de actividades e eventos que non cobre as necesidades de nenos e familias nestas datas de Nadal”.
“Isto é unha nova mostra da falta de impulso, de xestión e de interese en aproveitar os recursos destes centros en poñelos ao servizo dos cidadáns, están tan preocupados e ocupados en poñelos ao servizo dos seus intereses partidistas, que non teñen tempo nin ideas para facelos funcionar ao servizo da cidadanía”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)