AD

Comarca

O nome do novo colexio do Milladoiro e a transferencia da AP9 van a pleno da man do BNG

today23 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

A formación nacionalista pide actuar con responsabilidade e mudar o nome proposto para o novo colexio do Milladoiro tendo en conta criterios de arraigo territorial, identidade e valores democráticos compartidos.

Tamén instan ao goberno galego a que apoie e non boicotee a transferencia da AP9 a Galiza, de maneira que se poida facer efectiva no prazo máis breve posible garantindo, tal como recolle o texto aprobado, que sexa o goberno central quen asuma todas as consecuencias derivadas das decisións que adoptou no tempo en que tivo a titularidade e a xestión da autoestrada.

O BNG de Ames, a través da súa voceira Escarlata Pampín, manifesta a súa demanda de que “o Concello de Ames impulse a apertura dun proceso participativo real, no que interveñan o propio Concello, a comunidade educativa e a veciñanza, para escoller unha nova denominación” e engade “Entendemos que é o Consello Municipal de Educación de Ames o órgano consultivo adecuado onde está representada toda a comunidade educativa e a propia Consellería de Educación.

Por outra banda no pleno deste xoves os nacionalistas propoñerán que se inste ao goberno central a revisar de oficio e anular a prórroga de 25 anos da concesión da AP-9, atendendo aos argumentos feitos públicos pola Comisión Europea que establece que a citada prórroga contravén a normativa europea de servizos.

Ames, 23 de setembro de 2026. No que respecta ó nome que levará o novo colexio do Milladoiro,o BNG considera que os centros educativos deben avanzar cara modelos de denominación que eviten a identificación partidista ou política, favorezan o consenso social, axuden a preservar o noso patrimonio inmaterial e reforcen o vínculo co territorio, a cultura e a identidade propia. Escarlata Pampín explica que “no caso do Milladoiro, un núcleo en constante crecemento e cunha importante diversidade social, resulta especialmente relevante apostar por nomes que contribúan a construír arraigo, identidade colectiva e sentimento de pertenza”. “Convén lembrar tamén que, ata o de agora, todos os centros de ensino público de Ames nomeáronse atendendo a referencias territoriais e ningún deles leva o nome propio dunha persoa: Barouta, A Maía, O Milladoiro, A Igrexa, Bertamiráns, Ventín, Covas, subliña Pampín.

Na moción relativa ao apoio á transferencia e a gratuidade da autoestrada AP-9, o BNG de Ames defende que “estamos diante dun fito histórico: o logro dunha demanda que durante máis de vinte anos foi rexeitada e boicoteada polo goberno central e agora que o Congreso aprobou a lei de transferencia a Galiza da titularidade e a xestión sobre a principal infraestrutura do noso país, eso si co voto en contra do PP e Vox, vemos con preocupación como a Xunta do PP e Rueda pretenden boicoteala con artimañas”.Galiza non vai pagar un euro polas decisións adoptadas polo Goberno central mentres tivo a titularidade e xestión da AP-9”, lembran .

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *