AD

Actualidad

O PP denuncia as inundacións que provocan as obras do AVE no Castiñeiriño

today27 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD

 

 

 

Os concelleiros populares, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, recriminan “a falta de resposta e o desinterese” que amosa o Goberno do BNG, que, como noutros casos, está desaparecido.

Lémbranlle ao Goberno nacionalista que, “se son fans do Goberno amigo de Sánchez, tamén teñen que selo para esixirlle a ADIF que resolva a desfeita que provocou nesta zona de Santiago”.

Os concelleiros populares, Olaya Otero e José Ramón de la Fuente, visitaron as rúas de Combarro e da Vía, no barrio do Castiñeiriño, onde puideron comprobar o estado de total abandono no que se atopan os terreos onde se levaron a cabo as obras do AVE, sen que o Goberno do BNG teña feito nada por solucionar esta problemática.

Os populares puideron comprobar que o asolagamento da zona provoca o deterioro prematuro e acelerado do firme; multiplica o número de fochancas; e desfai os pasos de peóns, o que supón un perigo para as persoas; ao que hai que engadir o abandono e a falta de limpeza por parte do Goberno nacionalista, o que converte os camiños en verdadeiras lameiras, o que tamén dificulta o acceso ás vivendas.

Os veciños reclamaron ao Goberno do BNG que canalizara, adecuadamente, o fluxo de auga constante, co fin de evitar o asolagamento das súas propiedades pero, ata agora, só obtiveron como resposta “silencio e desinterese”.

Os concelleiros populares lémbranlle ao Goberno nacionalista que os barrios composteláns tamén son cidade, o mesmo que as parroquias do rural, pero están completamente esquecidos, polo que lles reclaman que esixa a ADIF a reposición inmediata desta zona ao estado anterior das obras.

Os populares lémbranlle ao Goberno nacionalista que, “se son fans do Goberno amigo de Sánchez, tamén teñen que selo para esixirlle a ADIF que resolva a desfeita que provocou nesta zona de Santiago”.

Antecedentes

Con motivo destas tarefas, creouse un espazo para que a empresa contratista empregara como depósito e instalación de materiais e maquinaria, polo que esta zona converteuse nunha explanada, xa permanente, de servizos de ADIF e que está a provocar inundacións nas propiedades dos veciños.

A elevación da cota do terreo para poder habilitar esa área e a falta dunha eficiente canalización da auga está provocando que os regatos que pasan polo lugar e que proceden, moitos deles, da canalización de augas derivadas da avenida Santiago de Cuba, non discorran por onde o facían ata agora e acaben encharcando as fincas, polo que se crea unha lagoa, converténdoas en solos inertes para o cultivo e improdutivas, como denuncian os veciños; “agora mesmo non serven máis que como estanque para peixes”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%