Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today2 octubre, 2026
Un total de 63 veciños e veciñas do Pino participaron este xoves, 1 de outubro, na excursión organizada polo Concello a Barcelos, en Portugal, para coñecer e gozar da súa tradicional feira.
A expedición estivo acompañada pola concelleira de Cultura, Eva Varela, e desfrutou dunha xornada marcada polo bo tempo, a convivencia e o ambiente festivo.
Durante a visita, o grupo tivo ocasión de percorrer a coñecida feira de Barcelos e descubrir algúns dos principais atractivos desta localidade do norte de Portugal. A xornada completouse cun xantar compartido entre todas as persoas participantes.
A boa acollida da iniciativa anima o Concello do Pino a continuar promovendo novas excursións deste tipo, co obxectivo de favorecer a convivencia entre a veciñanza e ofrecer novas alternativas de lecer.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)