Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today12 enero, 2024
O concelleiro do Partido Popular, Adrián Villa, amosou a súa sorpresa ante o primeiro desencontro entre o tripartito dos orzamentos e salientou que antes de aprobalos en pleno igual deberían volver falar e aclararse porque “tiveron présa para a foto pero está visto que o demais moi pechado non quedou”.
Así, destacou que aínda non se aprobaron e parece que xa se está a incumprir o pactado polo que “lle pediría ao PSOE que se preocupen máis de como defenden os intereses dos composteláns os seus socios de goberno do BNG e CA, aos que lle deu un cheque en branco asinando ese acordo de orzamentos”. Porque, polas declaracións do BNG, esa mellora das instalacións deportivas que o PSOE asegura que pactou co bipartito, non se vai levar a cabo porque, segundo o goberno, “non hai medios suficientes”.
Para Villa é un exemplo máis da incapacidade de xestión, con excusas de mal pagador, posto que precisamente para iso están os orzamentos, para dotar de medios suficientes acada área para levar a cabo as melloras necesarias, e preguntouse por tanto se “hai medios para gastar 2 millóns de euros ao ano en asesores e altos cargos, pero non para as instalacións deportivas da cidade?
Para o edil popular, “o PSOE debería explicar que máis compromisos adquiriu o goberno do BNG e CA con eles para que apoien os orzamentos, porque o primeiro xa deixaron claro que non o van cumplir”, polo que lles pediu que “deixen de facer o ridículo esixindo publicamente cousas que deberían ter pechado no seu gran acordo ou no que firmaron no vai o arranxo do Vero Boquete?”
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)