Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 noviembre, 2026
Arzúa, 4 de novembro de 2026. O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza para esta fin de semana, as dúas primeiras actividades do mes de novembro incluídas na programación cultural Outono a escena que está a dinamizar as fins de semana outonais con actuacións de artes escénicas, música e cine para todos os públicos.
O certame ofrece este venres, 6 de novembro, outra sesión dos chamados Venres na capela que achegan propostas para público adulto. Neste caso contarase co espectáculo de teatro cómico Nas nubes da compañía Redrum.
Trátase dunha peza cómica e provocadora que aborda con humor e ironía cuestións esenciais sobre o impacto da tecnoloxía na vida humana, a identidade e a memoria colectiva. Nunha sociedade que avanza rapidamente cara a dixitalización total e onde a tecnoloxía penetra en cada aspecto da nosa existencia, esta obra eríxese como unha crítica reflexiva e, ao mesmo tempo, unha advertencia sobre as consecuencias dunha desconexión progresiva co humano. Baixo a dirección Alex Sampayo e con Xúlio Abonjo, Carlota Mosquera e Guillermo Carbajo no elenco artístico, Nas Nubes explora a relación entre a tecnoloxía e a deshumanización.
Esta actuación terá lugar este venres ás 21:00 h. na Capela da Madanela con entrada libre e gratuíta. A apertura de portas ao público realizarase media hora antes do inicio.
Por outra banda, o sábado día 7 ás 18:00 h. a Libraría Anagrama acollerá a presentación do libro Buscando a Dalia coa presenza do autor Miguel Anxo Fernández e do coordinador do club de lectura municipal, José Manuel Pampín. Esta proposta forma parte das actividades do club e está aberta a calquera persoa interesada en participar.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)