AD

Actualidad

Os Bonos Corazón mobilizaron case 1,5M€ no comercio e a hostalería de Santiago

today11 diciembre, 2024

Fondo
share close
AD

Os Bonos Corazón mobilizaron un volume de vendas de case 1,5 millóns de euros nos 552 establecementos de hostalería e comercio adheridos á campaña, que finalizou o pasado día 4. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, salientou a boa acollida da convocatoria “que volveu servir para dinamizar os negocios locais e para dar a coñecer, diante de nova clientela, a calidade do noso tecido comercial de proximidade fronte á auxe das compras online e das grandes superficies”.

Nesta edición, o Concello de Santiago destinou 450.000 euros aos Bonos Corazón. As vendas totais ascenderon a 1.462.454,24 euros, 76.500 euros máis que en 2023; dos que 1.119.396,33 euros foron pagados co Bono Corazón. Destas vendas totais, o importe das compras realizadas nos comercios ascendeu a 1.388.242,83 euros, e os 72.211,41 euros restantes corresponden a establecementos de hostalería.

En canto ao número de establecementos adheridos, foron 552, a maioría deles, 480, do sector comercial.

Como en edicións anteriores, habilitáronse bonos de 50 euros, cantidade da que o 40% corría a cargo do Concello e o 60% restante a cargo dos consumidores e consumidoras. En total, repartíronse 22.500 bonos, que foron adquiridos en menos de 10 horas por un total de 8.780 persoas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%