Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 enero, 2024
3 de xaneiro de 2024.- Os Reis Magos visitarán Brión este venres 5 de xaneiro nun autobús de época que percorrerá as distintas parroquias entre as 10:15 e as 20:15 horas.
O percorrido e os puntos de encontro serán os mesmos do ano pasado:
• 10:15 h. Local Social de CORNANDA
• 10:45 h. Adro da Igrexa da LUAÑA
• 11:30 h. Adro da Igrexa de VICESO
• 12:30 h. Adro da Igrexa de ONS
• 13:15 h. Parada do transporte escolar de Tembra – BOULLÓN
• 16:30 h. Adro da Igrexa de BASTAVALES
• 17:30 h. Entorno da Capela de SAN SALVADOR • 18:00 h. Campo de San Ramón – O TREMO
• 19:00 h. Adro da Igrexa dos ÁNXELES
• 20:00 h. Contorna da Carballeira de Santa Minia – BRIÓN
En cada parroquia a rapazada poderá falar durante uns minutos cos Reis Magos, entregarlles as súas cartas e pedirlles os seus agasallos.
Melchor, Gaspar e Baltasar irán acompañados por unha comitiva con música de charanga e que repartirá chocolate con rosca a todas as persoas que se acheguen.
A novidade fronte a anos anteriores é que a fin de festa non terá lugar na carballeira brionesa, senón na súa contorna para así evitar calquera tipos de incidencia polo mal estado sanitario dalgunhas das árbores.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)