AD

Actualidad

Os talleres sobre os Orzamentos Participativos continúan nos IES e chegan á Universidade

today1 febrero, 2024

Fondo
share close
AD

 

 

 

  • Na fase de votación das propostas poden participar mozos e mozas nacidos entre 1994 e 2008

01/02/2024.- A concelleira de Xuventude continúa presentando os Orzamentos Participativos nos institutos de Santiago, en obradoiros formativos nos que están a participar centos de alumnos e alumnas do Ensino Secundario. Os talleres chegaron esta semana ao IES Rosalía de Castro, onde estivo a concelleira María Rozas. Nos próximos días, esta actividade desenvolverase tamén en varias facultades da USC, co obxectivo de animar á participación no proceso, no que se vai decidir o destino de 100.000 euros para actividades do departamento.

Os talleres formativos sobre os Orzamentos Participativos «Compostela Decide» celebráronse xa nos IES Xelmírez I, Fontiñas, San Clemente, Pontepedriña, Sar e Rosalía de Castro. Neste último centro, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude participou nunha das sesións, para animar aos rapaces e rapazas a participar, presentando primeiro as súas propostas e involucrándose despois no proceso de votación. María Rozas incidiu en que «para o Goberno é importante que a mocidade teña un papel activo nas decisións que lles afectan e que sexa escoitada, e para iso é preciso ofrecerlle ferramentas e oportunidades para expresarse».

A concelleira mostrouse moi satisfeita coa marcha do proceso «Compostela Decide», no que se recolleron xa máis de 160 propostas «que están a ser analizadas para comprobar a súa viabilidade técnica, que cumpren os requisitos establecidos para o proceso, e que non se duplican».

Ademais de nos institutos, tamén houbo un taller formativo sobre os Orzamentos Participativos no Centro Xove da Almáciga, e están previstos novos obradoiros a próxima semana nas facultades de Ciencias Políticas, Ciencias da Comunicación, Historia e Ciencias da Educación. Nestas charlas, explícase tanto a filosofía como o funcionamento e os prazos do proceso.

100.000 euros para actividades

No proceso Compostela Decide vaise definir o destino de 100.000 euros dos orzamentos municipais de 2024 para actividades do departamento de Xuventude. Na primeira fase, a de realización de propostas, pode participar calquera persoa sen límite de idade. As propostas, que non poderán superar cada unha delas o orzamento de 15.000 euros, pódense remitir por varias vías: a través da web decide.santiagodecompostela.gal; no correo electrónico decide@santiagodecompostela.gal; nos espazos municipais habilitados, ou nos diferentes encontros sobre este proceso.

Na fase de votación das propostas só poderán participar os mozos e mozas nacidos entre 1994 e 2008 que residan, estuden ou traballen en Santiago. A través da web dos Orzamentos Participativos, cada persoa deberá votar tres das propostas presentadas, indicando o seu grao de preferencia. Esta fase desenvolverase na segunda metade de febreiro, unha vez publicada a listaxe definitiva das propostas despois da súa avaliación técnica

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%