AD

Arte y Cultura

Padrón celebra o acendido das luces de Nadal

today1 diciembre, 2023

Background
share close
AD
  • O alcalde Anxo Arca, membros do goberno local e a veciñanza desfrutaron dos novos adornos desta época especial
  • As rúas e prazas do concello conforman un escenario festivo especialmente deseñado para a cativada chea de cor
  • A Asociación A Carballeira de Estramundi estivo animando as rúas coas súas pandeiretas e cantando panxoliñas

Padrón. 1-12-2023.- As rúas e prazas do Concello de Padrón están xa engalanadas para este Nadal. Ás 18.00 horas desta tarde o goberno local asistiu ao acendido das luces cun paseo por diferentes zonas do pobo que serviu para que o alcalde, Anxo Arca, membros da Corporación municipal e a veciñanza desen a benvida oficial a esta época festiva.

A Asociación A Carballeira de Estramundi sumouse a celebración e estivo animando as rúas coas da vila cantando panxoliñas.

O investimento dos adornos e das luces de Nadal deste ano incrementouse con obxectivo de renovar os materiais, as figuras e sobre todo dar uniformidade ao deseño. O pequeno poboado, as figuras xigantes cheas de luces e a posibilidade mesmo de photocalls coas figuriñas de renos foron escollidas especialmente pensando no desfrute da cativada.

Con esta decoración, o goberno local busca fortalecer os lazos comunitarios e xerar un sentido de pertenza ademais de estimular a economía local e atraer visitantes.

O Concello de Padrón iniciou oficialmente as festividades do Nadal con este acto, convidando a todos a gozar das actividades planificadas e compartir a maxia da tempada con familiares e amigos. A iluminación festiva permanecerá acendida todas as tardes dende as 18.00 horas e ata o final das celebracións, creando un ambiente cálido e acolledor para todos os que se acheguen ata o municipio.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%