AD

Actualidad

Pedro Blanco defende situar as áreas empresariais entre as prioridades do Concello de Santiago

today17 julio, 2026

Fondo
share close
AD

O candidato socialista á Alcaldía reuniuse coa Asociación Empresarial do Tambre para coñecer as súas necesidades e aposta por eliminar atrancos administrativos, mellorar os servizos e reforzar a colaboración coas empresas.

Pedro Blanco defende que Santiago necesita un Concello que camiñe ao mesmo ritmo que o seu empresariado e sitúe as áreas empresariais entre as súas prioridades.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026. O candidato do PSdeG á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, mantivo unha reunión de traballo coa directiva da Asociación Empresarial do Tambre para analizar a situación da principal área industrial da cidade, escoitar as demandas do tecido empresarial e trasladar o seu compromiso cun Concello máis próximo, áxil e comprometido co desenvolvemento económico de Santiago.

Pedro Blanco explicou que o encontro permitiu “escoitar, analizar e, sobre todo, tomar nota de toda aquela problemática” que afecta á área empresarial do Tambre. Neste sentido, asegurou que é “fundamental abrir as portas do Concello para eliminar atrancos” e avanzar cara a unha administración que responda con maior axilidade ás necesidades das empresas e favoreza a súa actividade.

O candidato socialista defendeu tamén a necesidade de que o Concello “camiñe ao mesmo ritmo e á mesma velocidade que o noso empresariado”, algo que, ao seu xuízo, “non se está facendo”. Ademais, reivindicou que os polígonos empresariais sexan considerados “auténticos veciños”, que precisan servizos públicos de calidade para resolver os problemas aos que se enfrontan no día a día e seguir medrando e xerando oportunidades e emprego.

Para Pedro Blanco, “o Concello de Santiago ten que ser aliado imprescindible das áreas empresariais, dos empresarios e das empresarias” e insistiu en que tamén debe ser “unha palanca que impulse a nosa actividade empresarial”, convencido de que o crecemento económico e a creación de emprego pasan por unha maior colaboración entre a administración local e o tecido produtivo.

Pedro Blanco asegurou que a súa candidatura manterá unha relación permanente co tecido empresarial e incidiu en que o obxectivo é “atender a esas necesidades para progresar xuntos”, convencido de que só desde a colaboración e a escoita activa será posible dar resposta aos retos que manifestaron durante a xuntanza.

Para rematar, Pedro Blanco agradeceu a disposición da directiva da Asociación Empresarial do Tambre e o intercambio de propostas durante a reunión. O candidato socialista destacou “a necesidade de traballar conxuntamente” para construír “un Santiago moito máis aberto”, reforzar o papel da capital de Galicia e avanzar cara a unha cidade “da que todos e todas nos sintamos orgullosos en todos os ámbitos”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *