AD

Actualidad

Pedro Blanco e a Venatoria coinciden na necesidade de recuperar Chaián e poñer en valor o río Tambre

today3 noviembre, 2026

Fondo
share close
AD
  • O candidato socialista á Alcaldía e o presidente da entidade comparten a importancia de limpar o río, mellorar os accesos e acondicionar a contorna para potenciar este espazo natural como punto de encontro para a veciñanza compostelá.
  • “Chaián ten que ser un dos lugares de referencia para o lecer en Santiago. Temos unha contorna natural extraordinaria, única, e imos traballar da man das asociacións para sacala do abandono”.

Pedro Blanco pon en valor o traballo da sociedade de caza e pesca “La Venatoria” na dinamización da contorna de Chaián e na conservación de tradicións vinculadas ao río Tambre, como a Festa do Escalo.

Santiago de Compostela, xx de outubro de 2026. O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, visitou a área recreativa de Chaián xunto ao presidente da Sociedade de Caza e Pesca A Venatoria de Santiago, Juan Carlos Rodríguez, nun encontro no que ambos coincidiron no potencial deste espazo natural á beira do río Tambre e na necesidade de poñelo en valor para que os veciños e veciñas de Santiago poidan desfrutalo en mellores condicións.

Durante a visita, na que tamén participaron o secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, e a concelleira socialista, Marta Abal, puxeron o foco na importancia de mellorar os accesos, acondicionar a contorna e favorecer que Chaián sexa un espazo de referencia para o lecer ao aire libre durante todo o ano. “Santiago non pode seguir vivindo de costas ao río Tambre. Chaián é un espazo cun potencial enorme e, como compartimos coa Asociación Venatoria, temos que coidalo, recuperalo e poñelo en valor para que a xente poida desfrutalo como merece durante todo o ano”, sinalou Pedro Blanco.

O candidato socialista destacou a importancia de escoitar ás entidades que coñecen de primeira man estes espazos e que contribúen a mantelos vivos, co obxectivo de identificar necesidades e avanzar en melloras útiles para a cidadanía. “Chaián ten que ser un dos lugares de referencia para o lecer en Santiago. Temos unha contorna natural extraordinaria, única, e imos traballar da man das asociacións para sacala do abandono”, incidiu.

Neste sentido, comprobaron a situación actual da zona, cun río que precisa actuacións de limpeza, accesos insuficientes e a necesidade de mellorar as condicións xerais da área recreativa. Tamén abordaron a posibilidade de habilitar unha senda que permita percorrer e gozar mellor deste espazo natural compostelán. “Chaián necesita atención, coidados e un compromiso serio do goberno municipal para aproveitar todo o que pode ofrecer. Temos que actuar para que volva ser ese punto de encontro para milleiros de santiagueses”, reclamou.

Así mesmo, o candidato socialista salientou o intenso traballo da Sociedade A Venatoria na dinamización da contorna de Chaián e na conservación de tradicións vinculadas ao río, como a Festa do Escalo, que preservan a relación de Santiago co Tambre. “Colectivos que fan comunidade, fan cidade”, engadiu.

Esta visita forma parte das #ConversasDeBarrio, coas que os socialistas están analizando directamente co tecido social de Santiago as necesidades e demandas dos barrios e parroquias da capital para incluílas no seu proxecto de cidade.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *