Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 octubre, 2026
O candidato socialista á Alcaldía de Santiago agradece o labor de Aspanaes e comprométese a dar resposta ás carencias trasladadas polas entidades sociais nas #ConversasDeBarrio.
“Escoitar é o primeiro paso para acertar, pero o importante é converter esa escoita en medidas útiles e solucións reais para avanzar cara unha Compostela máis inclusiva”, subliñou.
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2026. O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, avanzou hoxe que o seu Plan Especial do Terceiro Sector incorporará medidas para reforzar os servizos de atención temperá das entidades sociais que traballan con persoas con discapacidade, así como o impulso dunha programación de actividades culturais e de lecer adaptadas e accesibles para todas as persoas. Así o adiantou tras unha visita ás instalacións do Servizo de Atención Diurna Terapéutica (SADT) de Aspanaes, acompañado do secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, e da concelleira socialista, Marta Abal, para abordar coa entidade as súas necesidades e reivindicacións.
Pedro Blanco agradeceu o traballo que desenvolve Aspanaes e o conxunto das entidades sociais de Santiago, cun labor fundamental no acompañamento das persoas con discapacidade e das súas familias. Neste sentido, destacou a importancia de escoitar aos colectivos que coñecen de primeira man a realidade das persoas usuarias e que, a través das #ConversasDeBarrio, están a trasladar as carencias e necesidades que cómpre atender.
“Todas as asociacións coas que nos estamos reunindo nos están trasladando demandas concretas ás que temos que dar resposta. Escoitar é o primeiro paso para acertar, pero o importante é converter esa escoita en medidas útiles e solucións reais”, engadiu.
Pedro Blanco destacou que o obxectivo do Plan Especial do Terceiro Sector é avanzar cara a “unha Compostela máis inclusiva, na que as persoas con discapacidade e as súas familias conten con recursos de apoio e teñan garantido o acceso á oferta cultural, social e de ocio da cidade”. Nesta liña, fixo fincapé en que o tecido social “ten que ter voz na definición das políticas municipais de Santiago” para axustalas á realidade
O encontro con Aspanaes forma parte das #ConversasDeBarrio coas que o candidato socialista está a visitar os barrios, parroquias e colectivos de Santiago, co propósito de recoller propostas e necesidades e convertelas en iniciativas que melloren a vida da veciñanza.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)