AD

Actualidad

Pedro Blanco reivindica en Conxo un Concello que escoite a veciñanza e dea solucións

today8 octubre, 2026

Fondo
share close
AD
  • O candidato á Alcaldía de Santiago reuniuse coa asociación de veciños de Conxo Aberto no marco das #ConversasDeBarrio, que lle trasladou necesidades relacionadas co saneamento, a mobilidade, o alumeado, as pistas, o mantemento e o coidado dos ríos
  • Subliñou que “recuperar o orgullo de Compostela comeza por coidar o que xa temos” e asegura que os barrios necesitan recibir unha atención acorde coas necesidades da súa xente, “cun modelo de cidade claro, valente e transformador”

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026. O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, defendeu un Concello “que poña no centro” os servizos públicos e as infraestruturas municipais dos barrios. O candidato á Alcaldía reuniuse coa Asociación Veciñal Conxo Aberto, que lle trasladou diferentes cuestións vinculadas co funcionamento cotián do barrio e coa necesidade de mellorar os seus servizos e infraestruturas.

Pedro Blanco continúa percorrendo os barrios e parroquias de Santiago dentro das #ConversasDeBarrio, unha iniciativa coa que está analizando as demandas e propostas da cidadanía de

Compostela para incluílas no seu proxecto de cidade. Saneamento, mobilidade, alumeado, estado das pistas, mantemento dos espazos públicos ou coidado dos ríos foron algúns dos temas abordados durante o encontro. O candidato socialista subliñou que “recuperar o orgullo de Compostela comeza por coidar o que xa temos” e asegurou que os barrios necesitan recibir unha atención acorde coas necesidades da súa xente, “cun modelo de cidade claro, valente e transformador”.

“Falamos de cuestións básicas. De ter unha boa iluminación, de que as infraestruturas funcionen, de poder desprazarse con facilidade ou de contar con espazos públicos ben coidados”, sinalou

Pedro Blanco, acompañado da concelleira socialista Marta Abal. “É precisamente aí onde ten que estar o Concello: escoitando, coñecendo o que sucede e dando solucións”.

“Imos poñer Santiago en marcha e para iso o Concello ten que garantir que non haxa desigualdades entre os distintos barrios, ten que resolver e dar resposta áxil e continuada a aquilo que lles afecta no seu día a día, e impulsar de maneira decidida intervencións integrais das parroquias santiaguesas”.

Nesta liña, Pedro Blanco reivindicou a importancia de manter unha relación máis directa e permanente coa veciñanza. “Estas #ConversasDeBarrio permítennos coñecer de primeira man os problemas, pero tamén as ideas e as oportunidades que existen en cada lugar”, explicou. O encontro coa asociación de veciños Conxo Aberto forma parte do percorrido que o candidato está a realizar polos barrios e parroquias de Santiago antes de concretar as propostas do proxecto socialista.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *