AD

PSdeG PSOE

21 Resultados / Página 1 de 3

Fondo
AD

Comarca

José Carlos Vidal deixará Nós Pobra para encabezar a candidatura do PSOE na Pobra en 2027

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2027. O movemento supón a súa saída de Nós Pobra, a formación coa que accedeu á alcaldía tras os comicios de 2023, e introduce un cambio relevante no escenario político local. Segundo a información publicada por La Opinión A Coruña, Vidal tomou a decisión tras un período de reflexión no que influíron as diferenzas de criterio mantidas coa súa actual formación sobre […]

today10 octubre, 2026

Comarca

Rianxo en Común e PSOE concorrerán xuntos ás próximas eleccións municipais

  Rianxo en Común anunciou un acordo co PSdeG-PSOE para configurar unha candidatura conxunta de cara ás próximas eleccións municipais, co obxectivo de sumar unha maioría suficiente para continuar á fronte do Concello e impulsar novos proxectos estratéxicos para o municipio. A formación local asegura que este acordo supón “un paso adiante” para construír unha candidatura con capacidade non só para gañar os comicios, senón tamén para acadar unha maioría que permita “seguir transformando Rianxo”. Segundo explica Rianxo en Común, […]

today10 octubre, 2026

Actualidad

Pedro Blanco reivindica en Conxo un Concello que escoite a veciñanza e dea solucións

O candidato á Alcaldía de Santiago reuniuse coa asociación de veciños de Conxo Aberto no marco das #ConversasDeBarrio, que lle trasladou necesidades relacionadas co saneamento, a mobilidade, o alumeado, as pistas, o mantemento e o coidado dos ríos Subliñou que “recuperar o orgullo de Compostela comeza por coidar o que xa temos” e asegura que os barrios necesitan recibir unha atención acorde coas necesidades da súa xente, “cun modelo de cidade claro, valente e transformador” Santiago de Compostela, 8 de […]

today8 octubre, 2026

Actualidad

Pedro Blanco: «En Santiago estamos quedando en terceira división»

O candidato socialista á Alcaldía defende en Radio Líder Santiago un impulso á industria e ao comercio, sitúa a vivenda entre as prioridades do seu proxecto e cuestiona a resposta municipal ás necesidades de mobilidade da veciñanza. https://youtu.be/Yp6MZkbshbk Pedro Blanco quere un Santiago con maior ambición económica e unha administración capaz de responder con axilidade aos problemas cotiáns. Nunha entrevista en Radio Líder Santiago, o delegado do Goberno en Galicia e candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía debullou as liñas do […]

today7 octubre, 2026

Actualidad

Marta Abal reclama un censo de vivendas baleiras e un programa para mobilizalas en Santiago

A concelleira socialista cuestiona a demora na aplicación da recarga do IBI a 19 vivendas de entidades bancarias e pide combinar as medidas fiscais coa rehabilitación, a captación e as garantías para o alugueiro. Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2026. O Grupo Municipal Socialista reclamou ao Goberno de Goretti Sanmartín que acelere a elaboración do censo de vivendas baleiras e poña en marcha unha estratexia para incorporalas ao mercado. A concelleira Marta Abal advertiu de que, en plena […]

today6 octubre, 2026

Actualidad

Guinarte contrapón o compromiso do Goberno de España con Santiago á falta de respostas da Xunta

Guinarte advirte de que nas eleccións xerais “o que decidamos nas urnas vai ter consecuencias moi concretas” para Compostela e defende ampliar o parque público, mobilizar as máis de 6.000 vivendas baleiras da cidade e manter as ferramentas da Lei de Vivenda. Guinarte contrapón a aposta do Goberno socialista pola intervención pública en vivenda coa falta de respostas da Xunta para Santiago e reivindica a continuidade de investimentos estratéxicos como o Orbital e o Orbitaliño, a estación intermodal ou a […]

today5 octubre, 2026

Actualidad

Bouza responsabiliza a Rueda da “emerxencia sanitaria” en Santiago tras dispararse as listas de espera

Aitor Bouza cualifica os datos de “absolutamente alarmantes” e denuncia que a demora aumentou 30,4 días nun só ano, un 35 %, mentres as persoas da área teñen que agardar 25 días máis que no resto de Galicia. O deputado socialista acusa á Xunta de incumprir a súa previsión de situar a espera nos 77 días e anuncia que o PSdeG esixirá no Parlamento medidas inmediatas para garantir que as persoas que viven en Santiago e Barbanza “non poden ser […]

today2 octubre, 2026

Actualidad

O PSdeG urxe a Sanmartín a desbloquear o novo modelo de xestión de Fontes do Sar e Santa Isabel

Gumersindo Guinarte advirte de que manter as principais instalacións deportivas da cidade cun contrato de xestión caducado impide acometer os investimentos necesarios para modernizalas e adaptalas ás demandas das persoas usuarias. As e os socialistas reclaman coñecer os estudos encargados polo Concello para definir o futuro modelo de xestión e piden avanzar sen máis demoras na nova licitación. Guinarte advirte de que a falta de decisións condiciona tamén proxectos de futuro como un novo complexo deportivo en Santa Marta ou […]

today28 septiembre, 2026

Actualidad

Pedro Blanco anuncia “máis apoio, medidas e orzamento” para o Terceiro Sector en Santiago

No marco de #ConversasDeBarrio, o candidato socialista á Alcaldía visitou ASPAS e sinalou que “queremos que as entidades sexan unha prioridade na acción do goberno municipal, que sintan o alento e o respaldo do Concello, que Santiago lidere o apoio ao terceiro sector” “Para nós, todas as entidades son importantes. Todas forman parte de Compostela e todas teñen moito que aportar no proxecto de cidade que estamos a construír”, destacou, ao tempo que reclamou á Xunta que cumpra coa cidade […]

today25 septiembre, 2026

AD