AD

Actualidad

Preto de mil galegos están ingresados por gripe en hospitais, 47 de eles na UCI

today4 enero, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas segue coa avaliación diaria da situación dos servizos de urxencias dos centros hospitalarios e de atención primaria da rede sanitaria pública galega

Respecto dos datos referidos ao día de antonte, 2 de xaneiro, nos hospitais públicos galegos atendéronse 2.898 urxencias de adultos, das que o 19,4 % ingresaron en planta. En canto aos pacientes pediátricos, atendéronse a 624, dos que 3,6 % ingresaron en planta. En total, o número de urxencias atendidas, adultos e de pediatría, foi de 3.522, o que supón un 1 % máis que o mesmo día do ano anterior (2023)

Seguen, por tanto, baixando as urxencias pediátricas e aumentan levemente as de adultos, respecto do día 1, no que se atenderan 2.153 urxencias de adultos e 635 de pediatría.

Todos os pacientes que acoden a urxencias son triados polo persoal de enfermería para determinar a gravidade que reviste o seu estado. Así, os datos da triaxe de onte, día 2 de xaneiro,  arroxan unhas cifras que sitúan o 0,32 % dos pacientes na cor vermella (o de máis gravidade, risco vital, con atención inmediata), o 11,15 % de cor laranxa (moi urxentes e atendidos ao redor dos 20 minutos),  o 37 % cor amarelo (urxentes, cunha hora de media de atención), o 37 % foron catalogados coa cor verde (menos urxentes, cunha atención en torno a dúas horas), o 0,87 % son casos azuis, non urxentes, cun tempo medio de atención de catro horas. Por último, está a cor branca, onte foi o 13,66 %, que tramitan procesos administrativos, a través do servizo de urxencias.

Remarcar, así mesmo, que descende a porcentaxe de nenos ingresados respecto da mesma data do ano pasado (4,85 % en 2023 e 3,6 % en 2024) e aumenta en preto dun 1 % a porcentaxe de ingresos en adultos (de 18,7 % en 2023 a 19,4 % en 2024).

Sinalar, así mesmo, que en Galicia, no día 3 de xaneiro, hai 925 persoas ingresadas por ou con gripe nos hospitais, dos que 47 están en UCI, sendo en planta 29 máis que onte e en UCI un máis.

Respecto da covid, hai na actualidade 173 persoas ingresadas por esta patoloxía, das que 9 están na UCI. Estes datos supoñen dez pacientes máis que onte en planta, sendo o da UCI o mesmo número.

Xunto ao anterior, sinalar que o Sergas ten activados nas súas sete áreas sanitarias os seus Plans de Continxencia para dar resposta a maior demanda asistencial desta época do ano, habilitando camas e reforzando os seus cadros de persoal.

Ademais, a Consellería de Sanidade recorda que a campaña da vacinación contra a gripe e a covid permanece aberta ata o 12 de xaneiro, e lembra a recomendación xeral do uso da máscara no conxunto de centros sanitarios de Galicia, e en calquera lugar cando a persoa tiña síntomas de infección respiratoria.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%