Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today9 septiembre, 2026
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026. O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, mantivo unha xuntanza con representantes do Club Natación Cidade de SantiaAntón Lourogo para coñecer de primeira man a situación da entidade ante o novo reparto de espazos e horas nas piscinas municipais e abordar as dificultades que pode ter para a entidade o novo reparto de espazos e horas nas piscinas municipais
Blanco destacou a importancia de “escoitar directamente ao club, coñecer as súas necesidades e buscar solucións”, especialmente ante un reparto que pode reducir de maneira importante o seu espazo para adestrar. “Non é razoable que un club que medrou ata superar os 200 deportistas e que compite a nivel galego e nacional teña agora menos posibilidades para desenvolver a súa actividade”, advertiu.
O candidato socialista mostrou especial preocupación pola situación na piscina de Sar, onde a entidade podería pasar das case 10 horas semanais das que dispoñía a apenas dúas horas e media, ao que se suma a perda doutras seis horas e media en Santa Isabel, e considerou que “a solución á falta de espazo non pode ser que uns clubs gañen horas a costa de que outros as perdan”. Neste sentido, incidiu en que o Concello debe buscar alternativas que permitan atender as necesidades do conxunto dos deportes acuáticos.
Para Blanco, “solucións hai e o que fai falta é vontade para estudalas e poñelas en marcha”, explorando as diferentes posibilidades existentes para incrementar os espazos dispoñibles. O socialista defendeu que unha cidade na que os clubs acuáticos suman xa máis de 600 licenzas “ten que acompañar ese crecemento e facilitar a práctica deportiva, non poñerlle límites pola falta de planificación”.
Por iso, Blanco reclamou ao Goberno municipal que dialogue co Club Natación e aproveite a marxe existente para atopar unha saída antes de consolidar un reparto que prexudique á entidade. “O club non está pedindo privilexios, está pedindo espazo para seguir formando deportistas e facendo medrar a natación en Santiago”, afirmou, insistindo en que “o Concello ten que escoitar e buscar unha solución”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)