Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today17 enero, 2025
Radio Líder pon en marcha o proxecto «Galego nas aulas», unha proposta innovadora e multimedia dirixida a fomentar o uso da lingua galega entre o alumnado de 1º e 2º da ESO. A iniciativa levará a radio aos centros educativos, ofrecendo un espazo de expresión que permitirá potenciar o uso do galego entre os máis novos.
Entre febreiro e xuño, Radio Líder trasladará os seus estudos móbiles a seis centros educativos seleccionados para participar neste proxecto. O alumnado destes centros será o protagonista dun programa de radio con distintas seccións e contidos, e emitido en directo desde as instalacións escolares, difundido por toda a rede de emisoras de Radio Líder en Galicia, así como a través da web, App, YouTube e Redes Sociais.
Durante as dúas horas de duración do programa, a rapazada participará en dinámicas que promoverán o uso da lingua galega. Ademais, entrevistarán a unha personalidade destacada do ámbito cultural, deportivo, social ou político do seu concello, fomentando o interese polo seu contorno e pola lingua galega.
«Galego nas aulas» tamén quere poñer en valor o traballo desenvolvido polos departamentos de lingua galega dos centros educativos, creando un espazo de interacción onde os estudantes de 1º e 2º da ESO practiquen e melloren as súas competencias lingüísticas dun xeito creativo e dinámico.
O proxecto culminará no mes de xuño cun acto de clausura onde se destacará o esforzo e a implicación do alumnado participante. Os estudantes recibirán un diploma de recoñecemento e poderán optar ao sorteo de agasallos especiais.
A partir de hoxe, 13 de xaneiro, ábrese o prazo de inscrición para os centros educativos interesados en participar nesta primeira edición de «Galego nas aulas». O prazo para formalizar a inscrición estará aberto ata o día 24 deste mesmo mes e a selección realizarase mediante un sorteo entre todas as solicitudes recibidas ao correo electrónico direccion@radiolidersantiago.com.
Para máis información, pódese contactar con Radio Líder no teléfono 881 943 860.
Radio Líder anima a todos os centros educativos a participar nesta iniciativa que pretende fortalecer o uso do galego e promover a reflexión crítica entre as novas xeracións.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)