AD

Comarca

Rianxo oferta sete postos no seu mercado municipal

today10 enero, 2025

Fondo
share close
AD

O Concello de Rianxo pon a disposición de produtores, comerciantes e persoas emprendedoras sete postos no Mercado Municipal.

Tal e como destacou o alcalde, Julián Bustelo, «trátase dunha fantástica oportunidade para que aquelas persoas que están pensando en botar a andar un negocio ou en ampliar o que xa teñen poidan acceder a un espazo comercial nunhas condicións moi vantaxosas».

«Carnes e peixes como na actualidade, ou outros como froitas, verduras ou pan, son só algún dos produtos que se poden vender no noso mercado, o cal está chamado a ser un referente en canto á venta de produtos frescos e de proximidade», destacou Bustelo.

Nos últimos meses o Mercado Municipal de Rianxo veu como chegaban a el novos inquilinos e ademais leváronse a cabo diferentes actuacións de mantemento coa f inalidade de conservalo no mellor estado posible de cara ás persoas que fan uso del a diario.

As persoas interesadas en facerse cun dos postos vacantes pode poñerse en contacto co Concello de Rianxo para obter toda a información necesaria.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *