Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 julio, 2026
O Concello de Rianxo xa superou o millón de euros en obras licitadas no que vai de 2026, consolidando un elevado ritmo de investimento público durante a primeira metade do ano. O Goberno municipal destaca que esta cifra sitúa ao municipio no camiño de superar os 1,5 millóns de euros licitados ao longo de 2025.
As actuacións promovidas abranguen melloras nas redes de abastecemento e saneamento, renovación de infraestruturas viarias e modernización do alumeado público, con intervencións distribuídas por diferentes parroquias e núcleos do municipio.
Entre as obras licitadas figuran a ampliación das redes de abastecemento e saneamento no núcleo de Villanustre, en Asados, cun investimento de 197.582 euros; a ampliación da rede de saneamento no lugar de Tronco, en Rianxo, por importe de 208.785,50 euros; e a ampliación da rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro, en Taragoña, cun orzamento de 90.713,70 euros.
No ámbito da mellora dos espazos públicos tamén se inclúe a renovación dos viais do núcleo do Regueiro, en Isorna, cun investimento de 63.401,56 euros.
En materia de eficiencia enerxética, o Concello continúa avanzando coa terceira e última fase da renovación das luminarias do paseo marítimo, no tramo comprendido entre a praia do Pazo e a praia da Torre, cun investimento de 40.000 euros. A esta actuación súmase a renovación do alumeado público na vila de Rianxo, a obra de maior contía das licitadas ata o momento, cun orzamento de 493.257,43 euros.
Desde o Goberno local subliñan que este volume de investimento responde ao compromiso de seguir mellorando os servizos básicos, renovar infraestruturas e impulsar actuacións que contribúan á calidade de vida da veciñanza, mantendo un elevado nivel de execución e planificación de proxectos durante todo o ano.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)