AD

Actualidad

Rosón propón un plan para a urbanización das “rúas incompletas” de Santiago

today29 mayo, 2024

Background
share close
AD

Identifica catro puntos nos que existen parcelas para a provisión de rúas que melloren a mobilidade na respectiva zona: unha conexión na Almáciga, entre a rúa de Tomiño e Betanzos ou a apertura dun enlace entre as rúas de Maruxa Mallo e Das Trece Rosas cara a zona de Santa Marta, por exemplo

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024. O crecemento de Santiago das últimas décadas deixou por toda a cidade “porcións de rúas sen urbanizar”: pequenas parcelas nos barrios da cidade que poderían completar a urbanización que recolle o planeamento nas rúas onde se atopan. Baixo esta premisa, a concelleira Mercedes Rosón propuxo este mércores un plan para a urbanización das “rúas incompletas” de Santiago, mellorando as conexións dos barrios e facilitando a mobilidade en xeral.

A edil socialista identifica catro parcelas susceptibles de ser urbanizadas para, como recolle o planeamento, crear unha conexión entre diferentes zonas. Na Almáciga, explica Rosón, podería crearse unha conexión entre a rúa de Tomiño e a de Betanzos: unha conexión que actualmente atravesa unha leira repleta de árbores a través dun paso estreito, permitindo tan só o tránsito peonil. Explica a socialista que se trata dunha actuación “moi demandada pola veciñanza e que daría maior seguridade, facilitando ademais o tráfico nesa zona”.

Outro dos puntos que identifica é no tramo das “escaleiras desaparecidas” entre as rúas de Salgueiriños de Arriba e de Abaixo. Unha actuación que, lembra, estaba contemplada no ámbito do SUNP-3, polo que insta a realizar o proxecto para a creación dunha escaleira na parcela na que actualmente se atopa un noiro de terra, e que conectaría co resto das escadas entre a Avenida de Cruceiro da Coruña e a rúa de Mallou.

Saída cara Amor Ruibal desde a rúa Pintor Juan Luís

A plan socialista para a mellora das conexións, das “rúas incompletas”, pasaría tamén por incluír conectar as rúas Pintor Juan Luís e Urbano Lugrís con Amor Ruibal en Pontepedriña. Unha actuación semellante á que proxectan para o ámbito do SUP-6 coa rúa da Choupana, finalizando a apertura das rúas de Maruxa Mallo e Das Trece Rosas cara a zona de Santa Marta, algo que tamén “axudaría a mellorar o tráfico en esa zona”.

Mercedes Rosón defenderá no pleno de este xoves que se inicie a redacción dos proxectos de urbanización para estes catro puntos durante este ano para incorporar as actuacións no orzamento municipal do 2026.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%