Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today23 enero, 2024
23 de xaneiro de 2024. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, comprometeuse hoxe a que, se obtén a confianza dos galegos o próximo 18 de febreiro e continúa á fronte do Goberno galego, incrementaríase a 9 meses o tempo de traballo do persoal do Servizo de prevención e extinción de incendios de Galicia que actualmente traballa durante 6 meses ao ano. Faríase de xeito gradual en tres anos, incrementando xa un mes este 2024, no que estes profesionais traballarían 7 meses en lugar de 6.
Unha decisión que o presidente cualificou de “importante salto cualitativo” na medida en que beneficiará a preto de 1.000 profesionais –un terzo do total do persoal deste servizo– e permitirá “incrementar e planificar mellor os traballos de prevención contra o lume”. Esta medida sumaríase así aos aumentos xa aplicados a este mesmo persoal, que pasou de traballar de 3 meses no ano 2017 a facelo 6 meses no 2020.Tamén cabe lembrar o aumento do tempo de traballo dos profesionais de 9 meses, que agora desenvolven a súa actividade durante todo o ano. Así, dun colectivo de máis de 3.000 profesionais, dous terzos do servizo de incendios traballan na actualidade durante todo o ano.
O presidente explicou ademais que, grazas á estabilidade da que goza Galicia e que permitiu aprobar por décimo quinto ano consecutivo a aprobación dos seus Orzamentos en tempo e forma, esta medida empezaría a aplicarse desde este mesmo ano 2024 con cargo ás contas autonómicas xa aprobadas. “Ter un respaldo orzamentario é importante para poder pasar das promesas aos feitos e facer realidade compromisos como este”, engadiu neste sentido.
Rueda aproveitou a xuntanza para reiterar o seu agradecemento e compromiso a todos os membros do Servizo de prevención e defensa contra incendios de Galicia: “Sentímonos moi orgullosos e somos conscientes da importancia de dotalo de medios materiais e formativos para que estes homes e mulleres poidan seguir facendo deste sistema o mellor sistema de extinción de España e un dos mellores do mundo. É a nosa obriga que sigan mellorando ofrecéndolles estabilidade”.
UNHA MELLORA QUE REPERCUTIRÁ EN TODOS OS GALEGOS E GALEGAS
Na reunión co presidente e candidato do PPdeG estiveron presentes representantes das asociación Apropiga, Atrifoga e Aproxecugal; entre os que a medida tivo unha magnífica acollida na medida en que se trataba dunha reivindicación que levaban tempo formulando e que para Rueda “ten todo o sentido”.
En nome de todos eles, Ramón Abeijón explicou a incidencia altamente positiva da proposta “tanto para os propios traballadores como para o servizo en si mesmo”, xa que se traducirá nunha mellora da calidade do servizo que se vai prestar a todos os galegos e galegas.
“Queremos trasladar aos galegos que esta mellora vai repercutir en toda a poboación, porque o servizo vai ser mellor, máis profesional, máis eficiente e máis eficaz”, explicou.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)