Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Santiago de Compostela pon en marcha tres enquisas dirixidas a persoas visitantes, poboación local e tecido empresarial, no marco do traballo para a creación e posta en marcha de novos produtos e actividades turísticas en Santiago de Compostela.
Esta actuación forma parte do proxecto de creación e posta en marcha de novos produtos e experiencias turísticas, desenvolvido no marco do Plan de Sustentabilidade Turística de Santiago de Compostela e cofinanciado polo Concello de Santiago de Compostela, a Secretaría de Estado de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia.
O obxectivo é completar a información estatística e documental dispoñible coa opinión dos principais grupos relacionados coa actividade turística. As respostas permitirán coñecer mellor como se visita Santiago, como percibe a veciñanza o turismo e cal é a situación de partida das empresas, entidades e axentes vinculados directa ou indirectamente ao sector.
A enquisa a persoas visitantes recollerá información sobre as características da viaxe, as actividades realizadas, a valoración da experiencia e o interese por coñecer novas propostas, recursos e zonas da cidade.
A enquisa á poboación local permitirá analizar a percepción da veciñanza sobre o turismo, os seus impactos, a convivencia e o uso dos espazos, así como a aceptación de novas actividades turísticas.
Pola súa parte, a enquisa ao tecido empresarial permitirá coñecer os produtos e servizos existentes, as capacidades dispoñibles, as principais necesidades e dificultades e as posibilidades de colaboración no desenvolvemento de novas propostas.
A información recollida incorporarase ao diagnóstico turístico de Santiago de Compostela e servirá para identificar necesidades, barreiras e oportunidades adaptadas á realidade do destino.
As enquisas estarán abertas ata o 8 se novembro 2026 e poden cubrirse a través das seguintes ligazóns:
Enquisa a turistas e visitantes
A participación é voluntaria e cubrir os cuestionarios leva só uns minutos.
O Concello anima tanto á veciñanza como ás persoas visitantes e ao tecido empresarial a participar e compartir a súa experiencia, contribuíndo así a completar unha visión máis ampla e diversa da realidade turística de Santiago de Compostela.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)