AD

Actualidad

Santiago aposta polo turismo de alto valor engadido participando na ITLM de Cannes

today8 diciembre, 2023

Background
share close
AD
  • O gasto medio do turista de luxo é catro veces superior ao do turista tradicional e xera o dobre de emprego no destino.

Turismo de Santiago participa por primeira vez na ILTM Cannes, que ten lugar do 4 ao 7 de decembro. Trátase da principal feira do turismo de luxo, que reúne a empresas e profesionais do turismo de luxo global, especialmente interesados en organizar viaxes a Europa.

A presenza de Turismo de Santiago nesta feira complementa a participación da entidade municipal de promoción e xestión turística na edición dirixida aos mercados asiáticos que se celebrou no 2022, e que permitiu que Compostela comezase a posicionarse neste segmento de mercado exclusivo.

En concreto, en Cannes Turismo de Santiago está mantendo un importante número de reunións con profesionais de EEUU, Reino Unido e Brasil, que amosaron previamente un interese particular en coñecer as posibilidades que ofrece Compostela para este segmento de mercado, que aporta un gran valor engadido aos destinos.

O obxectivo de Turismo de Santiago ao participar nestas feiras ITLM é dirixirse a un segmento concreto de turistas cun alto nivel de gasto que buscan experiencias únicas e diferenciadas. Este obxectivo enmarcase na estratexia de diversificación da demanda turística da cidade, focalizando os esforzos promocionais na captación dun turismo de calidade.

O turismo de luxo, tamén denominado de alto impacto, produce un importante impacto económico nos destinos, tanto polo elevado gasto medio que realiza este tipo de turista como polo seu efecto multiplicador. Segundo a presidenta de Circulo Fortuny, a principal asociación española da alta gama e a excelencia, Xandra Falcó, o gasto medio do turista de alto impacto é catro veces superior ao do turista tradicional e xera o dobre de emprego no destino.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%