Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 noviembre, 2024
04/11/2024 Cinco bombeiros do Servizo Municipal de Extinción de Incendios viaxarán a Valencia, no marco do dispositivo de apoio ás persoas afectadas pola DINA coordinado pola Xunta. Ademais, nos próximos día completarase o envío das 35 toneladas de produtos recollidos nas instalacións de Protección Civil no estadio Vero Boquete de San Lázaro.
Os bombeiros de Santiago viaxarán a Valencia con material para participar no operativo de emerxencias despregado nas zonas máis afectadas pola DINA. O xefe do Servizo Municipal de Extinción de Incendios comunicou a dispoñibilidade dos cinco efectivos na reunión con representantes da Xunta, a Delegación do Goberno en Galicia, a FEGAMP, as catro deputacións provinciais e os responsables dos diferentes servizos provinciais e municipais de emerxencias coordinada polo Goberno galego para orgaizar o envío de apoio a Valencia.
Envío de produtos recollidos por Protección Civil
Ademais de colaborar con efectivos de bombeiros, o Concello de Santiago está ultimando o envío de todos os produtos de primeira necesidade recollidos nas dependencias de Protección Civil desde a tarde do venres. En total, a veciñanza de Compostela entregou 35 toneladas de alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene persoal, e outro material, atendendo á petición que formulara a Federación Española de Municipios y Provincias.
Esta mañá partiu cara Valencia un camión con parte dese material, que se suma ao que xa foi entregado na sede de Protección Civil da localidade de Almussafes, desde onde se está a organizar o reparto para as persoas afectadas pola DINA. Quedan pendentes de envío ao redor de seis toneladas de produtos de primeira necesidade, que partirán tamén nos próximos días cara Valencia.
O Concello, atendendo ás recomendacións da FEMP, suspendeu onte a recollida de produtos, e queda á espera das indicacións da Federación Española de Municipios e Provincias. No operativo de recollida participaron 15 persoas voluntarias de Protección Civil, que traballaron de maneira incansable na recollida, clasificación e empaquetado de todo o material entregado pola veciñanza de Compostela.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)