AD

ames

511 Resultados / Página 4 de 57

Fondo
AD

Comarca

«Pechamos»: Ames visualizará por un día como serían as súas rúas sen comercio local

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) promoverá o vindeiro 30 de xuño a campaña «Pechamos», unha acción simbólica e de gran impacto visual coa que pretende reivindicar o papel do comercio de proximidade como motor económico, social e humano do municipio. A iniciativa desenvolverase na antesala das rebaixas de verán, unha das épocas de maior actividade para o sector, e consistirá en cubrir temporalmente os escaparates dos establecementos participantes para simular que permanecen pechados. O obxectivo é convidar á […]

today29 junio, 2026

Actualidad

Pedro Blanco dá a benvida en Ames a 166 novos gardas civís en prácticas destinados a Galicia

Destaca que o papel da Garda Civil en Galicia é “clave para vertebrar o territorio, protexer á poboación e reforzar a confianza da cidadanía nas institucións” Agradece o labor dos máis de 5.000 gardas civís da Comunidade que elevaron o índice de eficacia policial “á mellor cifra da última década” Dos noveis, 69 estarán destinados na Coruña, 37 en Pontevedra, 31 en Ourense e 29 en Lugo Anima aos gardas civís en prácticas a exercer a súa función “con vocación […]

today29 junio, 2026

Comarca

Ames abre este mércores o prazo para renovar a solicitude de uso da Factoría

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Desde o día 1 ata o 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría.  Na actualidade, 15 agrupacións musicais fan uso destas instalacións, que pouco a pouco a través de […]

today29 junio, 2026

Comarca

Ames aproba por unanimidade o Plan Municipal de Emerxencia ante situacións de seca

Ademais, aprobouse de xeito inicial a modificación da ordenanza reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos; e dúas mocións presentadas polos grupos políticos municipais do Partido Popular e BNG.  Ames, 26 de xuño de 2026.- A Corporación municipal aprobou por unanimidade o Plan Municipal de Emerxencia ante situacións de seca; a aprobación inicial da ordenanza reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos tipo camper e caravanas; e a aprobación do proxecto de […]

today26 junio, 2026

Comarca

Ames garda un minuto de silencio en solidariedade coas vítimas de Venezuela

O alcalde, Blas García, dixo “sabemos que é un momento moi complicado para todos os familiares das persoas que residen en Venezuela e se viron afectados polos terremotos. Somos conscientes que en Ames hai persoas con familia en Venezuela e que non saben nada deles agora mesmo, co cal son momentos complicados” O Concello informará, a través das súas canles oficiais, sobre o procedemento para canalizar a axuda que se desexe enviar a Venezuela. O Goberno municipal mantén contacto con […]

today26 junio, 2026

Comarca

O BNG de Ames leva a pleno as necesidades do Parque Empresarial Novo Milladoiro

Reclama a creación de novas bolsas de estacionamento e alternativas que permitan reducir a presión existente nas súa rúas, realizar un estudo técnico e rigoroso sobre a mobilidade, tráfico, estacionamento e seguridade viaria e defende, de novo, a necesidade dun acceso directo para o polígono empresarial. O PSOE de Ames négase a estas melloras pese a que numerosas persoas usuarias e empresas do parque manifestan a existencia de importantes problemas de tráfico e mobilidade. “O futuro desenvolvemento económico de Ames […]

today26 junio, 2026

Comarca

224 cacharelas arderán no concello de Ames durante a noite de San Xoán

O concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, destaca que “o San Xoán é unha festa con grande arraigo no concello de Ames, así o indica o número de solicitudes feitas ano tras ano. Trátase dunha noite que sempre se festexa, e proba diso é o número de solicitudes de cacharelas, que normalmente sempre supera as 200” Ademais, o concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral apela á responsabilidade da veciñanza “para cumprir as normas que se recollen no bando […]

today23 junio, 2026

Deportes

O Milladoiro converterase na capital dos porteiros galegos cun evento pioneiro

  A iniciativa organizada por Arexia GK celebrarase o 27 de xuño no novo campo do Milladoiro e contará con participantes chegados de toda Galicia e mesmo doutras comunidades, consolidándose xa na súa primeira edición como unha cita de referencia para os especialistas da portería. A primeira Batalla de Porteiros de Ames desborda as previsións e pecha inscricións con 130 participantes O novo campo de fútbol do Milladoiro converterase o próximo 27 de xuño nun escenario pouco habitual. Durante toda […]

today22 junio, 2026

Comarca

“Verán en Ames 2026”, tres meses de festexos e actividades para todos os públicos

Ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades, entres as que destacan a programación de Ames en Festas, os Seráns de Ames, as Noites en Vela, o festival Ames Jazz, o Millarock, o acto do Día de Galicia, o festival ABANEA, a Festa do Chourizo ao Viño etc. Durante o verán tamén haberá un feixe de campamentos deportivos para os cativos e cativas de Ames. A oferta deportiva irá dende fútbol e baloncesto ata atletismo ou patinaxe Ames, 22 […]

today22 junio, 2026

AD