Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 agosto, 2026
Será sufragado por tres administracións distintas: A Xunta achegará 1 millón de euros, a Deputación outro millón de euros, e ao Concello correspóndenlle 1.293.003,90 euros, dos cales 775.802,34 euros serán con cargo a fondos europeos
Blas García: “Agora é cando se comezan a ver os froitos de moito traballo previo. Cando as administracións remamos na mesma dirección e con vontade de entendernos a veciñanza sae gañando sempre”
Ames, 13 de agosto de 2026 – A Xunta de Goberno Local ordinaria, celebrada este xoves, 13 de agosto, aprobou o expediente de licitación, mediante procedemento aberto, tramitación anticipada, das obras de construción do mercado municipal de Ames en Bertamiráns. O contrato terá un orzamento de 3.293.003,90 euros (IVE incluído) e está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2021-2027 a través do Plan Edil “CONECTA AMES”, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego e a Deputación da Coruña.
A obra de construción do mercado municipal en Bertamiráns será licitada por case 3,3 millóns de euros. Así foi aprobado na Xunta de Goberno Local celebrada este xoves, 13 de agosto de 2026. Estas obras teñen como finalidade a execución dun proxecto que comprende a rehabilitación da Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, e a súa ampliación para acoller os espazos necesarios para crear unha praza de abastos e un espazo cuberto, aberto e flexible para empregar como mercado para os produtores locais e dos seus produtos de proximidade.
Esta actuación forma parte do proxecto Conecta Ames, enmarcado no plan FEDER 2021-2027. O orzamento total desta actuación é de 3.293.003,90 euros (IVE incluído) e será sufragado por tres administracións distintas: A Xunta achegará 1 millón de euros, a Deputación outro millón de euros, e ao Concello correspóndenlle 1.293.003,90 euros, dos cales 775.802,34 euros serán con cargo a fondos europeos. O alcalde, Blas García, valora positivamente este novo paso se da de cara execución do proxecto e explica que este non sería posible sen diálogo e colaboración: “Agora é cando se comezan a ver os froitos de moito traballo previo. Cando as administracións remamos na mesma dirección e con vontade de entendernos a veciñanza sae gañando sempre”.
Localización do Mercado municipal
O futuro Mercado municipal de abastos de Ames estará situado en dúas parcelas próximas á avenida da Peregrina, en Bertamiráns. Unha delas é a parcela onde está situada a Casa de Barbazán, situada na esquina da avenida da Peregrina coa Travesía de Lodeiro, e a outra é a parcela onde está situado o aparcamento da Telleira. A superficie do ámbito total de actuación é de 4.431 metros cadrados. Neste ámbito, diferenciase o espazo destinado a aparcamento na actualidade, cunha superficie de 3.303 metros cadrados, e maila parcela onde se atopa a Casa da Barbazán e un hórreo, que conta cunha superficie de 1.128 metros cadrados.
O proxecto divídese en tres partes. Unha é a creación dunha praza de abastos que disporá de 12 postos de venda; a segunda e a dotación dun espazo cuberto específico para mercado dos produtores locais e dos seus produtos de proximidade que será realizado cunha periodicidade de un ou dous días a semana; e a terceira é ordenar o espazo exterior, no que na actualidade está situado o aparcadoiro da Telleira, poder acoller actividades de mercado ao aire libre ou outro tipo de eventos.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)