Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 mayo, 2026
A II Marcha Cicloturista BTT Arzúa – Destino Verde, que se celebrará este domingo 24 de maio a partir das 09:30 horas, contará tamén cunha programación especial dirixida á cativada, reforzando así o carácter familiar e participativo desta cita deportiva organizada pola Concellería de Turismo de Arzúa, dirixida por Begoña Balado, e que conta co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración de empresas e entidades do municipio.
Entre as actividades previstas destaca a celebración dunha Mini BTT infantil, que terá lugar ás 12:00 horas nas inmediacións da saída da proba e na que os nenos e nenas poderán participar sen necesidade de inscrición previa. Ademais, a organización instalará un inchable para que os máis pequenos poidan seguir desfrutando da xornada nun ambiente lúdico e pensado para todas as idades.
Begoña Balado destacou a vontade de seguir facendo da BTT Arzúa – Destino Verde unha cita aberta a todos os públicos”: “Queremos que esta xornada sexa tamén unha experiencia para desfrutar en familia, creando actividades para a cativada e facendo que a BTT se converta nun evento pensado non só para os participantes, senón tamén para acompañantes e visitantes”.
A cita deportiva continúa medrando nesta segunda edición e contará este ano con tres opcións de percorrido adaptadas a diferentes niveis:
A organización continúa traballando nos preparativos dunha xornada que combinará deporte, natureza, turismo activo e ambiente festivo. As inscricións continúan abertas e poden realizarse a través da web: https://sportmaniacs.com/
Escrito por Líder Redacción
Arzúa destino verde begoña balado btt arzua destino verde Cicloturismo Arzúa



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)