Chega “Arzúa Camiña”, un novo ciclo de andainas para descubrir o municipio paso a paso
A Concellería de Turismo do Concello de Arzúa pon en marcha a segunda edición do programa "Arzúa Camiña", unha iniciativa consolidada dentro da estratexia #DestinoVerde, que convida á veciñanza e ás persoas visitantes a descubrir o territorio a través de sete andainas guiadas, gratuítas e adaptadas a distintos niveis físicos. Tras o éxito da primeira edición, o programa regresa cun novo calendario que se desenvolverá entre os meses de setembro e outubro de 2026, percorrendo algúns dos espazos naturais, patrimoniais […]