AD

rianxo

29 Resultados / Página 2 de 4

Fondo
AD

Comarca

Rianxo inicia os traballos de ampliación da rede de abastecemento de auga no lugar da Casilla (Araño)

A Casilla, na parroquia de Araño, vai gozar dun importante investimento na mellora das súas infraestruturas. Os traballos xa comezaron para dotar a aldea de rede de abastecemento de auga, os cales contan cun orzamento de 132.470,80 €. A actuación permitirá darlle servizo a todas as vivendas do núcleo e salvará o cruzamento da estrada autonómica a través dun topo para a conexión á rede existente. Ao remate da instalación da rede repoñerase o firme dos viais afectados. A execución […]

today3 diciembre, 2024

Comarca

Rianxo inviste 43.000€ na mellora da senda do esteiro do Ulla

O Concello de Rianxo está acometendo estes días unha actuación para a rehabilitación do acceso ás Tres Cruces e posta en valor do patrimonio natural e cultural do esteiro do Ulla. A actuación conta cun investimento de 43.190€, IVE engadido, dos cales 38.877,30€ provellen dunha axuda á que accedemos a través da liña de subvencións para o embelecemento do litoral convocadas por Turismo de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europeo NextGenerationEU. Os […]

today19 noviembre, 2024

Comarca

Rianxo mobiliza máis de 900.000€ a amortizar a súa débeda comercial

O Pleno do Concello de Rianxo aprobou o pasado xoves 14 de novembro, cos votos a favor de Rianxo en Común e do Partido Popular, mobilizar un total de 927.121,80€ a pagar facturas relativas a gastos realizados en exercicios anteriores. Este crédito extraordinario, financiado con cargo ao remanente de tesouraría, permitirá afrontar o pago de centos de facturas pendentes de aboar, principalmente, por falta de dotación orzamentaria cando se efectuou o gasto. En xullo de 2023, tal e como lembrou […]

today18 noviembre, 2024

Comarca

Padrón, Rois e Rianxo mandan tres camións con axuda humanitaria para as vítimas da DANA

  Transportes Carnota González fai o traslado de xeito gratuíto e ten previsto chegar mañá a Alfafar e Aldaia Anxo Arca e Ramón Tojo agradecen a colaboración da veciñanza e das empresas implicadas nesta iniciativa Padrón-Rois. 11-11-2024. Tres camións da empresa roisense Transportes Carnota González chegarán mañá as localidades valencianas de Alfafar e Aldaia con axuda humanitaria para as vítimas da DANA recollida polos concellos de Padrón, Rois e Rianxo. Arxo Arca e Ramon Tojo, alcaldes de Padrón e de […]

today11 noviembre, 2024

Comarca

Rianxo contará cun novo Servizo de Atención Temperá

O Concello de Rianxo vén de recibir unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade por importe de 29.000€ aproximadamente para a posta en funcionamento dun Servizo de Atención Temperá. Trátase dun servizo dirixido á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu entorno máis próximo, que ten como obxectivo fundamental darlle resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento. Con este servizo os nenos […]

today23 octubre, 2024

Comarca

Rianxo renovará a totalidade das luminarias do paseo marítimo

O Concello de Rianxo renovará a totalidade das luminarias do Paseo Marítimo ao longo dos vindeiros meses, a través dun proxecto que conta cun investimento de 95.000€ e co apoio da Deputación da Coruña a través do seu Plan Único. O proxecto executarase en tres fases sucesivas e prevese que nos vindeiros días saia a licitación a renovación das primeiras 31 luminarias situadas entre Setefogas e A Carballeira. As luminarias actuais cambiaranse por outras de maior eficiencia enerxética que empregarán […]

today22 octubre, 2024

Actualidad

A rehabilitación do pazo do Martelo en Rianxo rematará en outubro, no prazo acordado co Ministerio

O alcalde de Rianxo e o concelleiro de Obras visitaron o edificio acompañados polo representante da empresa que executa as obras A reforma, que trata de recuperar a estrutura orixinal do pazo, foi adxudicada en 1,4 millóns euros e conta cunha subvención dun millón da Unión Europea Julián Bustelo: “O Goberno central concedeunos un mes de prórroga e xa temos parte da xustificación presentada, como nos indicaron os técnicos do ministerio” Rianxo. 19-10-2024.- As obras de rehabilitación do pazo do […]

today18 octubre, 2024

Actualidad

O alcalde de Rianxo responde aos ataques do PSOE e defende a súa xestión

O alcalde de Rianxo, en resposta ás críticas recibidas nos últimos días por parte do Partido Socialista, declarou que, en menos dunha semana, foi chamado mentireiro e se lle pediu a dimisión, apenas dous meses despois de que o PSOE tivera a oportunidade de presentar unha moción de censura para asumir o control do Concello. O alcalde subliñou que o Partido Socialista debe decidir que quere ser, se quere ser útil para os veciños de Rianxo ou se prefire continuar […]

today7 octubre, 2024

Actualidad

O alcalde de Rianxo inicia unha nova xeira de encontros cos veciños de todas as parroquias

“Escoitar aos veciños e veciñas parroquia por parroquia, analizar as actuacións efectuadas ao longo deste primeiro ano de mandato e expoñer os proxectos previstos para os próximos meses”, así describiu o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, as xuntanzas parroquias que dende o Executivo que encabeza se impulsarán nas próximas semanas. Cabe sinalar que fai uns meses tivo lugar a primeira xeira de encontros, nos cales os veciños e veciñas das diferentes parroquias lle puideron trasladar ao alcalde, así como aos […]

today2 octubre, 2024

AD